Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
..."Temos infinitos motivos para ser Rosalía, hoxe e os demais días do ano. Non esquezamos, pois, o brando compás das súas palabras e berrémolas co son da pandeira e do tambor! Medrando nas voces veciñas. Has de cantar, Rosalía!"

Rosalía Fernández Rial, no nome do Consello Directivo da AELG



























rosalia from educarte on Vimeo.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2015 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
5º VALO
Atención concursantes!
Tedes que descubrir o nome deste edificio, o lugar onde se atopa e o nome do pintor galego que o deseñou.
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 23-02-2015 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
CARREIRA DE VALOS

Parece que aumenta a competencia... xa comeza a haber tensión na carreira!!

Animádevos e respondede as vindeiras preguntas. A próxima aparecerá a comezos da semana que vén.

De momento a situación é a que se mostra no esquema da parte superior.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 20-02-2015 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
4º VALO

No 4º valo deberedes acertar o nome do edificio e o lugar onde se ubica.

Animádevos a participar!... e non vos esquezades de poñer o voso nome, apelidos e curso.
Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 20-02-2015 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
3ºVALO
Este terceiro valo consiste en adiviñar o nome da construción arquitectónica onde se atopa a perxebriña así como o lugar (parroquia) onde pertence.
(Se fostes a algunha voda dun familiar ou amig@ seguro que vos soa)

Animádevos a participar... aínda podedes pillar a María de 1º ESO!

Os que concursen de novo deben responder tamén as anteriores preguntas. Ah! e non vos esquezades de poñer o voso nome, apelidos e curso.
Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 10-02-2015 01:47
# Ligazón permanente a este artigo
14 de FEBREIRO: VOLVE CUPIDO!





Onde caerán as súas frechas?
Creade unha postal e que a inspiración vos acompañe!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2015 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
2º VALO
Para poder superar este 2º valo, tedes que adiviñar en que lugar se atopa a perxebriña.
Sóavos de algo?

Non vos esquezades de mandar o voso NOME, APELIDOS e CURSO.
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 01-02-2015 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
MICRORRELATOS
Os cursos de 1º e 3º da ESO elaboraron uns microrrelatos moi interesantes. Merece a pena lelos!



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2015 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0