Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

24 de FEBREIRO: DÍA de ROSALÍA
Hoxe celébrase o día da nosa grande poetisa Rosalía de Castro, data que coincide co aniversario do seu nacemento.
En prosa e en verso, en galego e castelán, a obra de Rosalía de Castro ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX. Os seus manifestos feministas (?Lieders? e ?Las literatas?), o seu avanzado pensamento político e social (Follas novas, El caballero de las botas azules) ou a súa decidida posición crítica como intelectual convértena nunha figura literaria que concita sempre un renovado e múltiple interese.
Este ano a Coordinadora dos ENLG do Morrazo elaborou un vídeo no que participaron alumnas e alumnos de moitos centros educativos do Morrazo, inclusive o noso, recitando a Alborada de Rosalía.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2014 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
logotipo EDLG
Xa temos o logo para o noso equipo, a creadora é Lorena Sanjorje Seijas, de 2º de Bacharelato B.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2014 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0