Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O NOSO GRUPO DE TEATRO
OS TEATREIROS DO INSTITUTO:
O grupo de teatro do IES. Johan Carballeira leva moitos anos a funcionar. Nestes momentos diríxenos Francisco Paredes, un actor galego. Pero xa antes nos dirixiron máis persoas como: Asunción Sóñora (a nosa directora).
CANDO EMPEZA TEATRO?
Comediantes anónimos empeza en Outubro ou a finais de Setembro.
QUE FACEMOS EN TEATRO?
Case toda a xente, por non dicir toda, diría TEATRO, daríalle a razón, pero no seu debido tempo.
1º: Facemos xogos que nos axudan mellor a desenvolvernos, máis cando estás facendo teatro.Máis ou menos estamos un mes e medio con isto.
2º: O noso director Fran danos os guións, lémolos e intentamos entender de que vai a obra, unha vez que entendemos comezamos.
3º: Estamos ensaiando con algunha gargallada polo medio ata abril, que é cando empeza a Mostra De Teatro.
QUE É A MOSTRA DE TEATRO?
A Mostra de Teatro comezou fai catorce anos, a primeira mostra de teatro fíxose no noso instituto.
Na mostra de Teatro unímonos os institutos nun instituto que participamos. Por exemplo: o ano pasado, a Mostra celebrouse no IES As Barxas (Moaña). Alí cada instituto fai a súa representación teatral; por exemplo: o ano pasado o noso grupo de teatro arrasou no IES. As Barxas coa obra que fixemos ?Opera Pánica?.
E MOI FÁCIL APUNTARTE, NOS COMEZOS DE CURSO SEMPRE POMOS CARTEIS
PARA O CURSO QUE VEN ANIMÁDEVOS!!!!!!!!!
MIGUEL ÁNGEL MARTÍNEZ OTERO

Comentarios (5) - Categoría: COMEDIANTES ANÓNIMOS - Publicado o 04-02-2009 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTA A ANXO ANGUEIRA
ENTREVISTA A ANXO ANGUEIRA
- De onde é vostede exactamente? Nacín nunha aldea de San Xián de Laíño, no concello de Dodro, que está na terra de Iria.
-A que anos empezou a recitar? Eu estaba estudando no instituto de Padrón e tiña de profesor a Bernardiño Graña, que é un gran poeta e un gran recitador e foi o meu mestre nos anos de mocidade. E foi cando empecei a facer os meus poemas e tamén a recitar, claro.
- Dedicouse toda a súa vida a recitar e a facer poesía? Non. Fixen máis cousas, pero o de recitar sempre me gustou. Eu recito todos os días e tamén son profesor de Literatura Galega. Traballo con elas todos os días, entón sempre me gustou que os alumnos máis que aprendesen nomes de libros, nomes de autores, datas... coñecesen a poesía en particular e o recitado.
- Como se lle ocorreu ir polo camiño da poesía e do recitado? Pois sufrín unha chamada naqueles anos da mocidade. A min gústame moito a poesía, é un xénero difícil, pero tamén cando hai unha gran poesía chega á xente e tamén é unha forma de relacionarse. Para min a poesía é comunicación.
- Como escolle os poemas que recita?Depende. Hoxe, por exemplo, non me deu moito tempo facer referencia a varios escritores-as de Galicia, á parte de Rosalía de Castro, porque para min Rosalía de Castro é fundamental.
- Algunha vez recitou noutro idioma que non fose o galego? Non recordo, porque cando vou por aí a Alemaña, a Brasil ou algún sitio sempre recito en galego.
- Pasoulle algunha anécdota ou algo raro mentres recitaba? Pois algo raro. Unha vez recitando en Vigo eu estaba falanfo dunha neniña que tiña catro anos e esa neniña estaba alí con oitenta e nos sei cantos anos. A meniña da que eu estaba falando mentres recitaba estaba alí e iso foi algo que me emocionou moito.
- Cal é o seu poema favorito? Un de Rosalía de Castro, a ?Alborada?, e tamén o da costureira.
- Ben, pois moitas grazas por vir ao noso instituto e por dedicarnos uns minutos. A vós

ENTREVISTA REALIZADA POR DIANA CURRA E MARGA GARCÍA
Comentarios (1) - Categoría: ENTREVISTAS - Publicado o 04-02-2009 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
CRÍTICAS DE LIBROS
Un libro que vos recomendo que leades é Pel de lobo. Foi escrito por Xosé Miranda e gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2002.
É un libro de misterio. Trata sobre un pai e un fillo que se dedican a matar lobos normais, pero un día chámanos do Incio para que vaian cazar un lobo enorme que come a xente. Tras investigar danse conta de que hai dous lobos enormes, e que en realidade son dúas persoas cercanas a eles, que se converten en lobos por culpa dun feitizo que lles botaron.

MANUEL




A canción de Sálvora non foi o que esperaba. Pensei que ía ser un relato de intriga pero resultou ser unha auténtica cursilada. Unha historia de amor entre unha cantante uruguaia e un mariñeiro de Sálvora. Non volo recomendo.
KAISER


Los tigres de Mompracem é unha novela escrita por Emilio Salgari. Nela relátanse as aventuras de Sandokán, o Tigre de Malasia, e dos seus leais amigos polo mar de Malasia.
Viaxes, batallas e moitísimas mortes para capturar a muller máis fermosa que xamais se viu e convertela en esposa do Tigre de Malasia e raíña de Mompracem.
Recoméndovos que o leades.
MANUEL





Comentarios (2) - Categoría: CRÍTICAS DE LIBROS - Publicado o 04-02-2009 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
ANUNCIOS URXENTES
BÚSCASE XENTE PARA FORMAR UN EQUIPO DE RUGBI, É DIVERTIDO ENTRETESTE MOITO XOGANDO. INTERESADOS CHAMAR AO 626 716 407 .
ANIMÁDEVOS!!!!!!!!!!!!!!



EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 4º DA ESO.

Xa está en marcha a excursión de fin de curso do alumnado de 4º da E.S.O. Iremos arredor de 20 alumnos e alumnas con dúas profesoras (Cristina a de Tecnoloxía e Emilia a de Taller). O itinerario aínda non está decidido. Barallamos dous destinos: a zona de Barcelona ou a de Andalucía. A excursión será a semana anterior á Semana Santa. Xa estamos vendendo produtos para recaudar cartos: tortas de Santiago, Caprichos de Santiago e Suspiros do Apóstolo: cada caixa destes produtos custa 8?.
Seguiremos dando novas da excursión.

Luis Gallego Novas




NON ESQUEZADES DEIXAR AS VOSAS CARTAS PARA O DÍA DOS NAMORADOS NA CAIXA DA ENTRADA DO INSTITUTO. POR SAN VALENTÍN, CARTAS MIL!!!


DECLARA O TEU AMOR EN GALEGO NUN MÁXIMO DE 2O PALABRAS E ADEMAIS DE CONSEGUIR UN BICO PODES GAÑAR 70 EUROS. LEMBRA DEIXALAS ANTES DO 11 DE FEBREIRO NA CAIXA VERMELLA DE CONSERXERÍA
Comentarios (0) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 04-02-2009 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
O QUE NON CONTAN NA CLASE
ENTREVISTAS AO PROFESORADO
Por CARLOS REY e ADRIÁN FERRER

Velaquí algunhas curiosidades sobre @s nos@s profes:

Juan (Francés)

1º Gústache o teu traballo?

Apasióname.

2º De pequen@, que querías ser?

Camioneiro ou vaqueiro.

3º Cales son as túas afeccións?

O cine, montar en bicicleta, ler, viaxar, ver ciclismo...

4º Que grupos de música che gustan?

Pop inglés.

5º Que libro che gustou especialmente?

?El Alquimista? (Paulo Coelho), ?Donde el corazón me lleve?(Susana Tamaro)

6º Que che gusta e non che gusta do instituto?

Ó ser novo, non podo opinar.

7º Cal é o te equipo de fútbol preferido?

Non me gusta o fútbol.

8º Segues algún programa de televisión?

Cuéntame, Hospital Central, Pekín Express, Documentos TV, Callejeros...

9º Que comidas che gustan?

Pastas.

10º Levas algún obxecto contigo sempre

Un reloxo ou unha pulseira de coiro.

11º Se tiveses de novo 15 anos, que farías?

O mesmo que fixen, todo o que fixen converteume no que son agora.




entrevista profes
Comentarios (1) - Categoría: O QUE NON CONTAN NA CLASE - Publicado o 04-02-2009 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0