Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DECLARACIÓNS DE AMOR GAÑADORAS
Xa temos gañadoras do Concurso "Declárate en Galego". Tiñamos case 30 e o xurado non o tivo fácil. Tedes as orixinais na entrada do centro, pois aquí só vos poñemos os textos (e paga a pena velas):

1º PREMIO: SARA COMEDEIRO (1º BACH.-C)
"Soñei que o lume era xeado...
que a brisa do solpor ardía...
Soñando que os teus beizos me doían"

2º PREMIO: ANTÍA JUNCAL (3º ESO-A)
"Onte tiven un soño co cal se pintaban o teu nome e o meu nun corazón.
Facémolo realidade?"

3º PREMIO: IRENE OTERO (2º ESO-A)
"A terra pode ser unnha aventura moi difícil se ti non estás nela. Os ceos máis azuis son os que me esperan"

Noraboa a todas!
Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 19-02-2009 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
O QUE NON CONTAN NA CLASE
Mª Elena (Física/Química)

1º Gústache o teu traballo?0
Moito.

2º De pequen@, que querías ser?
Investigadora ou profesora.

3º Cales son as túas afeccións?
Ler, escoitar música, sendeirismo...

4º Que grupos de música che gustan?
Fundamentalmente folk.

5º Que libro che gustou especialmente?
Ningún en concreto.

6º Que che gusta e non che gusta do instituto?
Gústame o bo ambiente entre alumnos e profesores, non me gustan as faltas de respecto do alumnado cara ao instituto e cara aos seus compañeiros.

7º Cal é o teu equipo de fútbol preferido?
O Pontevedra.

8º Segues algún programa de televisión?
CSI

9º Que comidas che gustan?
Ensaladas

10º Levas algún obxecto contigo sempre
As chaves de casa e do coche.

11º Se tiveses de novo 15 anos, que farías?
O mesmo.


Comentarios (0) - Categoría: O QUE NON CONTAN NA CLASE - Publicado o 18-02-2009 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES! (II)
Ola detectives!
Este mociño non precisa pistas. Podedes atopalo por aquí todos os días a case todas as horas.
Fixádevos ben e pronto o descubriredes.
Comentarios (14) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 12-02-2009 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
FESTIVAL DE SAN VALENTÍN
Estades tod@s convidad@s este domingo día 15 de febreiro ao Festival de San Valentín.
Será no Pavillón de Deportes de Bueu a partir das 19:00. Haberá diversas actuacións: baile galego, aeróbic, ximnasia, patinaxe...
Podedes coller a vosa entrada o mesmo domingo na porta do pavillón. A recadación irá destinada á excursión do alumnado de 4º de ESO. Non vos esquezades e vide!!!
Ah! Tamén haberá sorteo de premios no transcurso do festival.

LUÍS GALLEGO NOVAS
Comentarios (2) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 10-02-2009 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
CHISTES
DIVÍRTETE CO ENXEBRE E ENVÍANOS OS TEUS CHISTES.

- Doutor, creo que estou quedando xordo, xa non me oio nin tusir.
- Tome estas pastillas
- Son para oír mellor?
- Non, son para que tusa máis forte



- Eh, oia! Saia de aí. Esas augas son moi perigosas, hai correntes subterráneas.
- Non importa, son bo nadador... Sei, nad... glu..., glu...



- Hoxe dei o primeiro paso para o divorcio
- Que fixeches?
- Casei



Un matrimonio foi de viaxe a Xerusalén e de súpeto morreu o home, entón un cura preguntoulle á muller:
- Quere que enterremos o seu marido aquí, na Terra Santa?
- Non
- E por que?
- Porque a última vez que enterraron a alguén aquí resucitou.

KAISER
Comentarios (3) - Categoría: CHISTES E PASATEMPOS - Publicado o 10-02-2009 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DOS NAMORADOS
LEMBRADE QUE XA QUEDA POUCO PARA ENTREGARDES AS DECLARACIÓNS PARA O CONCURSO (EN CONSERXERÍA) E AS CARTAS (NA CAIXA DA ENTRADA DO CENTRO). TEDES ATA O MÉRCORES 11 PARA AS DECLARACIÓNS E ATA O XOVES 12 PARA AS CARTAS. NON VOS ESQUEZADES!!

Aí vai un poema de Pilar Pallarés para que vos inspiredes:

Ameite tanto esta tarde,
cando ti non estabas,
e estaba o ceo como un atlas da ausencia
esvarando nas horas!

Que estraño é todo isto, este amor que se agolpa
e verte a súa furia por acima de unha
sen piedade!

Non sei por que estes días en que temos tanto
e tan fondo e tan duro e tan tristeiro,
días en que quixera aniquilarte
de tanto amor como me tinxe o corpo
e me lastima os dentes.

Esta tarde ameite como invasión de escumas
en sartegos tenrísimos.

Non sei que estrañas aves aniñaron en min
para que así te ame,
non sei que tortas rutas ou mans confabuladas
me trouxeron a ti,
non sei por que camiños navegou o meu sangue
para chegar a ti.

Non sei se faro ou torre ou terra prometida
foron marcando o norte dos meus sucos.

Só sei que aquí me tes, a ti ofrecida,
sen culpa deste amor que caeu sobre min
non sei se como pedra ou lóstrego ou fervenza.

Esta tarde ameite como nunca,
Pero ti non estabas.

PILAR PALLARÉS, Sétima soidade



E quen dixo que non pode declararse utilizando 20 palabras? Velaí van uns exemplos do libro Choiva, vapor e velocidade de RAÚL GÓMEZ PATO, porque ser orixinal tamén conta?


Quérote como as chourizas
ben feitas,
docemente
pero cun aquel de picante.


Quérote como o meu bisavó
levaba a boina,
altamente
e sempre na cabeza.
Sobre Pilar Pallarés
Sobre Raúl Gómez Pato
Comentarios (0) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 06-02-2009 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO 2009
Demostrade o enxebres que sodes participando no festival de Entroido do venres 20 de febreiro. Preparade os disfraces e as letras e aproveitade para criticar todo o criticable (con boas maneiras, eh?). Tedes que anotarvos en Vicedirección. Haberá premios para os/as mellores.
Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 04-02-2009 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES! (I)
Aínda que ás veces non o pareza, os profes teñen pasado e tamén foron uns inocentes nenos. Nesta sección iremos presentando fotos para que os recoñezades. A ver quen descobre a primeira.
Por se a cousa se pon difícil, aí van un par de pistas:
1. Para descubrila tedes que facer memoria, pois xa non anda por aquí
2. Seguro que para o alumnado de ESO será máis fácil


Agudizade a vista e aproveitade a axuda, que o próximo será máis difícil!

Esperamos as vosas respostas.


Xa temos o primeiro detective enxebre!
Acertou Carlos (de 2ºESO), pois efectivamente é Gloria Lamas, a profesora de Matemáticas que substituíu a Puerto e marchou hai unhas semanas.
A ver quen vos parece o segundo...
Comentarios (23) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 04-02-2009 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
A CRISE DE REAL M...ADRID

Segundo o Diccionario Escolar de la Lengua Española a palabra ?crise? significa: momento grave no que existen cambios ou problemas, e polo que pasa unha enfermidade, unha empresa, unha situación, etc. Pero a palabra ?crise? tamén significa: mala situación económica. Que eu saiba o Real Madrid non ten ningún problema económico, xa que regala, así como así, 150000 euros a cada xogador se gañan os próximos sete partidos: Recreativo, BATE Borisov, Getafe, Zenit, Sevilla, Barcelona e Valencia. O Rel Madrid está en crise porque perdeu partidos importantes, coma o da Champions contra a Juventus ou o Valladolid.
As lesións e as poucas fichaxes (só ficharon a De la Red, Javi García e Van der Vaart) son para min os principais factores destas derrotas.
Eu son do Madrid pero empezo a estar farto da ?calidade? e o ?gran nivel de xogo? dalgúns xogadores coma Raúl (que nunca fai nada) ou Guti (o Don Xoán caído).
E se pensades que o adestrador se salva, ha! Esa mala imitación de Gruñón, o anano de Brancaneves, é un merdento que se pensa o dono do mundo e que só quere cobrar e non pensa na afección, tan ilusionada co Real Madrid.
Para rematar quixera dicir que: Viva Florentino Pérez!
RAFA CANIJO
Comentarios (1) - Categoría: ARTIGOS DE OPINIÓN - Publicado o 04-02-2009 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
A VISITA DA CONSELLEIRA
VISITA DA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN AO CENTRO
O 17 de outubro tivo lugar no noso centro a visita da Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón. Xunto coas responsables do centro, a comitiva de educación percorreu as novas instalación. Máis tarde tivo lugar un acto ao que asistimos algúns alumnos e alumnas.
O acto comezou cun audiovisual sobre os cambios na educación en Galicia. Mentres tanto tomaron asento a Conselleira, o Secretario, o Director dos Ciclos, a Directora do noso centro e o alcalde da vila. A primeira en falar foi a Directora que, nun pequeno discurso loou o labor da Conselleira e expúxolles as carencias que ten o centro. Despois de falar a Directora puxeron outro audiovisual, no cal se falaba sobre os Ciclos e a Formación Profesional. Ao remate do vídeo tomou a palabra a Conselleira que expresou a súa satisfacción polas boas condicións que se acadaron no centro e amosou especial cariño pola vila na que veranea. Así finalizou o acto. A visita rematou sen nós, só cos responsables do centro cun pequeno aperitivo.
Dende o noso punto de vista o acto foi politicamente moi correcto e, a curto prazo tivo consecuencias positivas, como a limpeza exhaustiva do centro e dos arredores. Esperamos que a longo prazo cumpra o que prometeu, a construción da nova pista deportiva e o aumento do persoal de limpeza e de administración.
Paula Piñeiro Malvido e Diego Paz Escribano 2º Bach. A
Comentarios (2) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 04-02-2009 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0