Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GUÍAS DE LECTURA
Para que non vos aburrades nestas vacacións aí van unhas suxestións que elaboramos dende os EDLG do Morrazo. Disfrutádeas!



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-12-2015 19:22
# Ligazón permanente a este artigo

Estrenouse con grande éxito o 1º Festival de Curtas Terroríficas no Johan Carballeira. Á presentación das tres magníficas curtas asistiron os seus protagonistas, que se prestaron a posar na alfombra vermella e a someterse as enquisas das nosas reporteiras, mentres que eran recibidos con grandes aplausos por unha gran afluencia de entusiasmado público.
Se queredes disfrutar das instantáneas consultade a FOTOBLOGOTECA.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 19-12-2015 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
ACHÉGASE O NADAL!

Noraboa a todo o alumnado participante no deseño de postais de Nadal: puxestes o nivel moi alto!. E felicidades aos gañadores e gañadoras do concurso.
Que teñades unhas boas vacacións de Nadal e moitos ánimos para o vindeiro 2016!
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 16-12-2015 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0