Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FELICITACIÓN DE NADAL
Moitas grazas a tod@s @s participantes no concurso de felicitacións de Nadal. A decisión do xurado foi moi difícil, pero finalmente tiveron que se decidir e as premiadas foron:
- Categoría A
1º premio: Manuel Framil de Amorín (1º ESO-B)
2º premio: Irene Curra Piñeiro (1º ESO-B)

- Categoría B
Bárbara Santos Rodal

Desde aquí desexámosvos o mellor para estas festas cos versos de Bárbara Santos:

Aprecia os pequenos praceres,
sé positivo,
sorrí,
ama,
deixa que te amen,
comparte,
fortalece a túa creatividade.

Bota os teus medos por un penedo,
non comeces o ano sen un proxecto,
engade paixón, un pouco de tolemia
e pensa que o mellor está por chegar.

Feliz ano 2012
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 16-12-2011 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
BOAS LECTURAS PARA UN BO NADAL
Desde a Coordinadora de EDLG do Morrazo propoñémosvos unhas lecturas para estas festas.
Lecturas infantil target=_blank class=tEnlac>EDUCACIÓN INFANTIL
Lecturas primaria2 target=_blank class=tEnlac>EDUCACIÓN PRIMARIA
Lecturas secundaria target=_blank class=tEnlac>EDUCACIÓN SECUNDARIA
EDUCACIÓN PRIMARIA
EDUCACIÓN SECUNDARIA
Comentarios (0) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 16-12-2011 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0