Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BO NADAL
Desde o Bouenxebre queremos darlles os parabéns a todas as persoas que presentaron as súas felicitacións de Nadal ao concurso. Foron moitas e moi bonitas, pero unha vez máis o xurado tivo o difícil labor de decidirse por dúas, que son as que aquí vedes.
O primeiro premio é un deseño de Mª Eugenia González Martínez e o segundo de Ángela Martínez Calviño, ambas as dúas de 1º ESO-B.
Con elas aproveitamos para desexarvos que estas festas sexan inesquecibles para todos e todas.
BO NADAL, ENXEBRES!
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 17-12-2010 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS PARA NADAL
Un ano máis, desde a Coordinadora de ENDL do Morrazo recoméndannos unha boas lecturas para o Nadal. Para quen non lle guste moito ler, tamén ten algunha recomendación musical, aínda que debería aproveitar e animarse a abrir as páxinas dun libro, pois ten moita variedade para escoller e seguro que non se arrepinte...

Para EDUCACIÓN INFANTIL:
div>

Para EDUCACIÓN PRIMARIA.



Para EDUCACIÓN SECUNDARIA:
div>



Comentarios (0) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 15-12-2010 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
AÍNDA ESTADES A TEMPO DE DESEÑAR AS VOSAS FELICITACIÓNS.
Como os cursos pasados, convocamos un concurso de felicitacións de Nadal no que podedes participar ata o vindeiro venres 10 de decembro. Lembrade deixalas ese día na Conserxería!

As bases son as seguintes:

1. Pódese participar dentro das seguintes categorías:
 Categoría A: Alumnado de 1º ciclo de ESO e 1º curso de PCPI.
 Categoría B: Alumnado de 2º ciclo de ESO e 2º curso de PCPI.
 Categoría C: Alumnado de Ciclos Formativos e Bacharelato.

2. Cada participante presentará o deseño dunha felicitación de Nadal orixinal e inédita que ocupe, como máximo, a metade dun tamaño A4.

3. A técnica utilizada será libre e, se se acompaña de texto, este deberá estar escrito en galego.

4. Os traballos entregaranse na Conserxería ata o venres 10 de decembro.

5. No reverso das felicitacións deberán figurar o nome e curso do autor ou autora, así como a categoría pola que participa.

6. Premiarase un traballo en cada categoría. Se nalgunha das categorías o premio quedase deserto, poderá darse un primeiro e segundo premio nalgunha das outras categorías.


7. A obra escollida polo xurado entre as premiadas, será editada e enviada ás casas.

8. Establécense os seguintes premios:
- Postal escollida para ser editada: vale de 40 euros.
- As outras premiadas: vale de 30 euros.


ANÍMATE E PARTICIPA!

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 02-12-2010 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0