Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSO FELICITACIÓNS DE NADAL
















































Noraboa a todos os premiados e a todas as persoas que participastes. Para o xurado foi moi difícil decidirse, pois todos os deseños son moi orixinais.
Velaquí os premiados:
- 1º premio da categoría A:
PABLO GIL CABALEIRO de 1º ESO-A

- 2º premio da categoría A:
YI ZHANG de 1º ESO-B

- 1º premio da categoría B:
IRENE OTERO SANTOS de 3º ESO-B

Aproveitamos o deseño gañador para desexarvos a todos e a todas unhas boas festas dende o Bouenxebre.
Feliz 2010!!!


Comentarios (1) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 15-12-2009 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
RETINOSE PIGMENTARIA‎ - QUE É A RETINOSE PIGMENTARIA? 2ª PARTE
Miguel Ángel Martínez Otero
RETINOSE PIGMENTARIA‎ - QUE É A RETINOSE PIGMENTARIA? 2ª PARTE
2. PATRÓNS DE HERDANZA DA RETINOSE PIGMENTARIA E A IMPORTANCIA DA AXUDA PSICOLÓXICA

2.1. Patróns de herdanza: Como xa dixemos na primeira parte referida a esta enfermidade, a retinose pigmentaria (RP) leva a unha perda da visión progresiva da persoa que a padece, debido á morte das células oculares denominadas fotorreceptores (bastóns e conos), podendo chegar inclusive á cegueira, sen que, de momento, haxa unha posíbel cura para os afectados. A (RP) é unha enfermidade xenética, é dicir, transmítese de xeración a xeración, e é o resultado dun defecto producido pola mutación de algúns dos xenes implicados no sentido da vista. O seu estudo supón un elevado grao de dificultade debido á gran diversidade de xenes que a causan. A idade de comezo é variábel, segundo o tipo de herdanza. En xeral, as formas ligadas ó sexo e as formas recesivas son de comezo máis precoz, aparecendo os síntomas na primeira infancia. As formas dominantes son máis variábeis; solen manifestarse na segunda década e, en ocasións, de maneira tardía, dando comezo por enriba dos 40 años. Dentro da RP, aparecen varios tipos de transmisión de pais a fillos:

1- Herdanza Autonómica Dominante: Neste tipo de herdanza, algún dos pais está afectado e algún dos fillos encóntrase afectado, e, aínda que é unha das formas de retinosis menos graves, dado que os síntomas aparecen de maneira máis tardía cunha progresión máis lenta, a probabilidade de transmisión ós descendentes é do 50%. Xeralmente, establecese que a RP é do tipo autonómico dominante cando se observa en 3 xeracións, aínda que algúns autores consideran suficientes que se manifeste en 2 xeracións.

2- Herdanza Autonómica Recesiva: Os pais son sans pero portadores da enfermidade, podendo transmitir o xene anormal a algún dos fillos. A súa gravidade é maior que no caso anterior, sen embargo as posibilidades de transmisión redúcense ó 25%.
3- Herdanza ligada ó cromosoma X (Retinose Pigmentaria ligada ó sexo). neste tipo de patrón os varóns están afectados e as mulleres son as portadoras do xene anómalo. Este tipo de herdanza caracterízase pola non transmisión da enfermidade de pais varóns a fillos varóns, posto que os varóns aportan unicamente o cromosoma (Y) ó seus fillos varóns. É a forma máis grave da RP dada a súa rápida evolución; os síntomas comezan a idades moi cedas. Neste caso dáse no 10% das familias afectadas.

4- Esporádica: O afectado ou a afectada é o primeiro membro da familia que padece a enfermidade e aparentemente non existe ningunha vinculación á herdanza. Dada a relevancia do factor hereditario na transmisión da (RP),recoméndase, tanto dende as consultas médicas como polos colectivos de afectados, levar a cabo un estudo xenético a fin de determinar as posibilidades de transmisión e o tipo de herdanza si se dera o caso.

2.2. A importancia da Axuda Psicolóxica para os enfermos de RP: A vida é complexa e problemática para todos, polo tanto, unha persoa que, ademais, deba enfrontarse á RP pode sentirse atemorizada, desorientada e sola, e a súa autoestima pode colocarse baixo mínimos. O certo é que a actitude mental que se adopte con respecto á enfermidade é de grande importancia. É fundamental pensar en un mesmo como alguén independente. A medida que a persoa acepta continuar vivindo cá enfermidade, esta parece difuminarse un pouco e pasar a un segundo plano. Este proceso de adaptación depende da capacidade de loita de cada persoa, do ambiente que lle rodee e da propia evolución da enfermidade. En ocasións, aparte dos problemas causados pola incapacidade, o cansazo de adaptarse aviva os conflitos que xa existían na persoa o na familia (para os familiares é unha situación que resulta difícil e dolorosa). Un instrumento importante para superar o reto emocional que propón a RP é a axuda psicolóxica, que inclúe o asesoramento individual e as terapias de grupo. A intervención psicolóxica individual ten como obxectivo unha mellora da autoestima e benestar persoal, diminuíndo así a angustia, a pena e a sensación de perda de autocontrol, á vez que aumenta a capacidade para resolver problemas cotidiás. Por outra banda, en grande medida, os afectados de RP teñen unha sensación de impotencia e inutilidade; temen tanto ser unha carga como carecer de valor para os demais, e na asistencia ós grupos terapéuticos comproban que teñen moito que ofrecer ós outros, aumentando a sensación do propio valor, podendo supoñer un respiro ós extenuantes esforzos diarios de enfrontarse ó mundo das persoas con ollos capaces de ver ben. A adaptación á RP é un proceso de crecemento e cambio individual, e, neste proceso, as intervencións psicolóxicas, en súas diferentes formas, constitúen un recurso que non debemos desdeñar.


para unha maior información consultade en:
pirata.bueu@gmail.com
Máis información sobre a retinose
Comentarios (0) - Categoría: TRABALLOS - Publicado o 11-12-2009 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0