Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BASES

Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 08-11-2016 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
2º FESTIVAL DE CURTAS TERRORÍFICAS
Este é o segundo ano que presentamos esta convocatoria, á raíz do éxito acadado no seu inicio.

Confiamos en que desexedes que este evento siga adiante, mais non será posible se non contamos coa vosa participación.

Así que xa sabedes, lede ben as bases e animádevos a concursar.

O festival bautizámolo co logo CURTEN

Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 08-11-2016 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
NORABOA Á CABAZA GAÑADORA!
Temos que felicitar a Laura Restrepo Hernández, de 2º ESOB, pola creatividade, boa técnica pictórica e aspecto tremendamente terrorífico que amosou a súa cabaza, gañadora neste SAMAÍN 2016.

Se queredes ver mais fotos entrade na FOTOBLOGOTECA.

NON VOS ESQUEZADES DE PRESENTAR A VOSA CURTA DE TERROOOOORRRR!!!!!!

O PRAZO DE ENTREGA É O FATÍDICO MARTES 13 DE DECEMBRO.

CONSULTADE AS BASES!
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 08-11-2016 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0