Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

4 de NOVEMBRO, Día da CIENCIA en GALEGO
Como podedes comprobar pola información exposta no vestíbulo do centro e polas actividades que se están realizando, estamos a traballar este mes de Novembro a Ciencia en Galego.
A este respecto, o día 5 deste mes os grupos de 1º de Bacharelato coa asignatura TIC como optativa e o alumnado de 2ª de Bacharelato coa optativa Debuxo Técnico II, asistiron á videoconferencia do profesor de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, Manuel Caeiro. O tema tratou da programación de ordenadores. Se vos interesan os contidos os podedes consultar no seguinte enlace:
http://es.slideshare.net/mcaeiror/intro-aprogramacion5nov2014

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2014 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: ENFOCA A CIENCIA
Ahhh!!! E non vos esquezades de presentar as vosas imaxes para o concurso de fotografía científica e matemática... Tedes de prazo ata o 23 deste mes!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2014 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
SAMAÍN TERRORÍFICOOO....
O día 30 de outubro pasaron a visitarnos morcegos, bruxas, zombis, amigos e amigas de zombis... estrano persoal. Velaí o que aconteceu ese día.
samaín 2014
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2014 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0