Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSO FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA E MATEMÁTICA "ENFOCA A CIENCIA".
Aínda que o xurado non o tivo nada fácil e estivo ata o último momento a darlle voltas, tendo en conta os votos emitidos no blog e na biblioteca as fotos gañadoras son:
1º PREMIO: "Paralelogramos de Manhatan" de Daniel Boubeta e Pedro Meira(1º de ESO).
2º PREMIO: "Raíz cadrada" de Anxo e Antía Vidal (2º de ESO e 1º de Bacharelato).
Noraboa a todos os participantes e ás persoas premiadas!
O curso que vén, agardamos a vosa participación de novo.
Podedes ver aquí todas as fotos:
Comentarios (2) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 22-11-2010 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTA A FRANCISCO CASTRO.
O pasado día 29 o escritor Francisco Castro compartiu connosco os segredos dos seus libros. Fixémoslle preguntas sobre "O ceo dos afogados", "O segredo de Marco Polo" e "Spam" e asinounos exemplares destas obras. Contounos, entre moitas outras cousas, que lle gusta escribir desde sempre, falounos da importancia de pasarmos a vida coas persoas que queremos e de coidar a noso planeta, que é a nosa casa.Ademais, concedeunos unha entrevista que podedes escoitar aquí.
Desde o Johan Carballeira agradecémoslle unha vez máis que nos dese a oportunidade de coñecelo e de saber algo máis da vida dun escritor.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 03-11-2010 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0