Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

POEMAS VANGARDISTAS
Velaquí unha mostra dos poemas vangardistas escritos polo alumnado de 4º de ESO.

SURREALISMO
O bebé moreno pintando
o ceo de laranxa.
O bebé louro cantando
e conducindo a estrada.
A estrada estaba ateigada
de camas cheas de enfermos.
Os enfermos fuxiran berrando
do hospital cheo de crocodilos.
AMADEO TOLEDO AMOR

O can azul
Eloy aproba todas
persoas voando
coche fantástico
PEPIÑO O DO CACHIRULO

HILOZOÍSMO
O pequeno río
que te entrometes nas montañas
cheo de frescura e vida
que choras cando a luz se apaga.
TORRENTE

O muíño lavábase mentres
as árbores bailaban lentamente.
As follas paseaban polos camiños
tímidos e escondidos que chegaban
a unha casa que cantaba berros
e susurros
ADRIÁN FERRER

FUTURISMO
O porco voaba preto das montañas,
voa, voa porquiño meu,
porque cando o cervo salte
na súa colchoneta e chegue ata as nubes,
dispararache cos seus cornos
e ti volverás á terra.
ADELAIDA A DAS CHUCHERÍAS

DADAÍSMO

Mundo do Anxo Cunqueiro.
As obras de sesión xordo,
pola xustificacón
coñecer centrada avoa
de perfil cadeira
un pilar vendaval individual
árbitro do lobo
a tese das paredes
terror!
ampliación do sucedido
lingua marquesiña
ben pouco vergonza
do tempo empregan,
chagas regras unha feira
branco a televisión naquela
dos artigos a programas.
MIGUEL ÁNGEL MARTÍNEZ
Comentarios (0) - Categoría: TRABALLOS - Publicado o 30-11-2009 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
"SOA NO BOSQUE E PERDIDA" por Mora
"SOA NO BOSQUE E PERDIDA"

- Estou soa no bosque e perdida. Xa é de noite, poreime aquí apoiada nesta árbore e pensarei en algo para saír de aquí.
De pronto?

- Ji, ji, ji, ji, ji?
- Quen anda aí?
- Ola! Chámome Tintinirín

Era un trasno multicolor. Preguntoume se quería chamar desde o seu teléfono móbil. El dicía que era o mellor móbil do mundo dos trasnos, pero no mundo dos humanos? Tiña o tamaño e o grosor dun ladrillo! E riuse de min porque non tiña o meu móbil.

- Tes unha chamada nada máis
- Moi ben- contestei eu moi feliz
- 64343333356 ?dixen en baixiño
- Es unha parva, mira que non traer o teu móbil! Xa é ser nos nenos de hoxe en día, eh!- dicía ríndose de min
- Pero queres calar que está pitando... Pii, pii, pii, pii?
- Si, quen chama?
- Ola son Raquel, tes o coche dispoñible para agora mesmo?
- Si, pero?chove a Deus dala. Pódese saber onde raios te metiches agora?
- Estou nun monte onde todas as árbores son moi grandes e robustas
- Non pode ser ?berrou desconcertado
- Que pasa Raquel? Que ten ese monte que te puxo tan mal? ?dixen algo asustada
- Ese é o monte da morte, todo o que ousa penetrar nel perece ?dixo con ton sinistro
- Raquel, fai o favor de explicarte, por favor, que me estou asustando ?contesteille
- Quero dicir que todos os que entran nese monte non saen del, porque un trasno multicolor ofrécelles o seu móbil e as almas das persoas quedan atrapadas nel.
- Bule e venme buscar. Trae tomates, ovos grolos e unha mofeta ?contestei.
- Empeza a acción. En tres minutos tesme contigo

De alí a cinco minutos

- Cheguei o máis rápido que puiden ?díxome fatigado
- Dáme a corda que che puxen o luns no asento de atrás.
- Enseguida!
- Tintinirín. Terás fame, non?
- Siii. Estou famento
- Raquel, a corda ?murmurei
- Dáme a comida ?berrou
- Pesqueite!
- E agora que facemos? ?dixo Raquel
- Colgarémolo polas pernas

Unha vez colgado

- Nooon, por favor, boca abaixo non! ?suplicou
- Raquel, os ovos ?dixen en ton forte
- Toma
- Puf, puf, plas, pan, cloc, buff?
- Que cheiro máis noxento
- Os tomates

Plas,plim, pam, puk

- A mofeta ?dixen rindo
- Oh, non!
- Pfffff. Que cheiro!
- Raquel, imos para a casa!


Comentarios (1) - Categoría: AS HISTORIAS DE PRIMEIRO - Publicado o 26-11-2009 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
"A VIDA DUN COCHE" por Antonio Vázquez
Ola, son un cohe e vou contar a miña historia.
Fixéronme nunha fábrica de Tokio no ano 2002 e era o coche maís bonito e potente da fábrica. A miña marca era Porche e o meu nome completo "Porche Cayman". Tan bonito era que ao saír da fábrica leváronme a Chicago a facer unha película. Pasábao moi ben e tratábanme moi ben. Fíxenme moi amigo do actor que me conducía e ao acabar de rodar fomos dar un paseo por Chicago. Ao se estrear a película leváronme a unha exposición de coches que foi por todo o mundo e convertinme no máis famoso do universo. Ata que fixeron outro, un "Porche Carrera GT" que fixo a continuación da miña película e fixo que me botasen da exposición e leváronme a un concesionario.
Ás dúas semanas mercoume un rapaz de 18 anos que acababa de sacar o carné. O rapaz era alto, moi gordecho e algo "hortera". Levaba unhas cadeas de ouro colgando do pescozo e en canto me comprou empezaron os problemas.
O primeiro era que me sentía incómodo por ter que cargar cunha balea, que era o que parecía ese tipo. O segundo, que a maioría das veces olvidábaselle meter dobre embrague, e o último e máis importante, que me levou a un taller a tunear e puxéronme uns adhesivos de lapas que fixeron que fora tan cantoso coma el. Despois levoume a carreiras ilegais e pulsaba o acelerador coma se lle fose a vida, pero sempre perdía, botábame a culpa a min e levoume ao desguace.
Cando me ías destrozar, un home comproume e volveu a deixarme bonito. Ese foi o meu dono ata que morreu e desa leváronme finalmente ao desguace.
Comentarios (1) - Categoría: AS HISTORIAS DE PRIMEIRO - Publicado o 25-11-2009 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
AS HISTORIAS DE PRIMEIRO :"O LADRÓN DE MALETAS" por Francisco Chapela
Un día pola mañá, a un ladrón especialista en roubar maletas ocorréuselle ir a un centro comercial a roubar.
Viu un home que levaba unha maleta máis gramde ca el e interesouse en roubarlla, foi por detrás e quitoulla, custáballe moito correr aínda que a maleta ía baleira. O home ao que lle roubou a maleta era alto e gordo, aínda que non corría moito case pilla a Manolo, que era o ladrón.
Cando chegou á casa coa maleta a muller non estaba e tiña unha nota no chan que dicía: "Querido Manolo, marcho da casa porque me decatei de que es un ladrón. Posdata: Quérote, espero que cambies".
El ía vestido de gravata con smoking e cuns zapatos que tiñan doce anos e parecían vellos. Pensou en ir na busca da muller pero tiña que descansar, abriu a maleta, meteu todas as súas cousas dentro e púxose a durmir. Durmiu sete horas e cando espertou colleu a maleta, púxoa ao lombo e foise buscando a muller.
Tras buscar durante tres anos topouna en New York tomando un café coas amigas. El preguntoulle se volvían á casa, ela aceptou e nunca máis roubou maletas nin ningunha outra cousa.
Comentarios (0) - Categoría: AS HISTORIAS DE PRIMEIRO - Publicado o 25-11-2009 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
RADIO CARBALLEIRA NAS ONDAS







































A radio do instituto RADIO CARBALLEIRA amenizou o recreo cun programa especial en directo sobre o 25 de novembro. Ademais de música relacionada co maltrato ás mulleres, felicitaron as persoas premiadas no concurso.
Seguro que vos gustou e vos animades a participar. Cantos máis sexades máis programas se poderán facer. Agardámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 25-11-2009 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da non violencia contra as mulleres. Varios alumnos e alumnas asistirán mañá no salón de plenos do Concello ao acto de entrega de premios do concurso de carteis organizado polo CIM.
Son:
- Belén Agulla de 3º ESO, que gañou o 1º premio
- André Novas de 1º ESO, que gañou o 3º premio
- Ángel López, Marcos Dopazo, Sandro Caeiro, Rubén Lemos, Sara Otero (3º ESO) e Alejandro González (1º Bacharelato) recibirán unha mención especial do xurado.

Desde aquí felicitámosvos e animámosvos a seguir participando e a evitar a violencia.

Na nosa galería de fotos "25 de novembro" podedes velos a todos e a todas
Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 24-11-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
A RETINOSE PIGMENTARIA por MIGUEL ÁNGEL MARTÍNEZ OTERO
QUE É A RETINOSE PIGMENTARIA? 1ª PARTE


1.SÍNTOMAS QUE CARACTERIZAN A RETINOSE PIGMENTARIA:

A Retinose Pigmentaria (RP) é un conxunto de enfermidades oculares de carácter dexenerativo, xenético e herdado cuxo inconveniente é unha grande diminución da vista debido á morte progresiva das células oculares da retina denominadas "fotorreceptores" e que, en moitos casos, conduce á cegueira.

O fotorreceptor é a primeira neurona da vía visual e é a célula máis abundante da retina.Estímase que cada ollo contén arredor de 125 millóns de fotorreceptores, que basicamente se subdividen en bastóns e conos, células nerviosas miúdas, alongadas e cunha función específica: a foto transdución.

Na retina humana existen arredor de 120 millóns de bastóns encargados da visión nocturna e en branco e negro. Na retina periférica, o bastón é o fotorreceptor predominante. Grazas aos bastóns, por exemplo, podemos ver como un obxecto se nos acerca cando o lanzaron dende un lado.

Os conos son os encargados da visión diúrna e en cor. Posuímos entre 3 e 10 millóns de conos por ollo, e subdivídense, de acordo co fotopigmento que portan, en vermellos, verdes e azuis. Os conos son os que determinan a agudeza visual.

Os síntomas da RP típica son os seguintes:

1- CEGUEIRA NOCTURNA:
É o síntoma máis frecuente e precoz.Fai alusión a dous feitos. Por unha parte,á dificultade ou imposibilidade de ver en ambientes de baixa iluminación, a pesares de permanecer no tempo suficiente para estar adaptado a esta situación (disfunción dos bastóns). Por outra banda, á dificultade que se poda presentar ó pasar dun ambiente ben iluminado a outro de baixa iluminación, no cal, transcorrido un tempo superior ó normal, o individuo é capaz de distinguir obxectos (disfunción dos conos).

2- DIMINUCIÓN DO CAMPO VISUAL:
É outro síntoma típico da RP. Caracterízase pola perdida de visión dende a zona periférica, a zona central do ollo, dando lugar á chamada visión "en túnel". A persoa que padece RP refire tropezarse frecuentemente cos obxetos ó seu arredor. No caso dun rapaz que sufra RP, é a nai a que de decata de que non é capaz de encontrar os xoguetes. Cronoloxicamente, este síntoma preséntase despois da cegueira nocturna.

3- DIMINUCIÓN DA VISIÓN (da agudeza visual):
Normalmente, é referida polos pacientes despois dos dous síntomas anteriores.

4- ALTERACIÓN DA PERCEPCIÓN DAS CORES:
Cando a enfermidade está moi avanzada, prodúcese unha alteración inespecífica da visión das cores ou, con moita frecuencia, no eixe azul - amarelo.

5- FOTOPSIAS E DESLUMBRAMENTOS:
Moitos pacientes de RP din ver luces pequenas ou flashes na media periférica do seu campo visual. Os deslumbramentos ante unha excesiva luminosidade fan necesario o uso de gafas de sol adaptadas.

Como enfermidade dexenerativa, a perda da capacidade visual é progresiva co tempo, reducíndose tanto no campo visual como a agudeza visual, e, aínda que o proceso dexenerativo pode ralentizarse, esta perda de visión soe ser continua, aínda que hase de ter en conta que non todas as formas de retinose conducen á mesma perda visual.

É importante sinalar que a RP presenta un alto grao de heteroxeneidade. Pode aparecer como única manifestación patolóxica, e entón falamos da Retinose Pigmentaria non sindrómica, ou, polo contrario, pode aparecer asociada a outras patoloxías, dando lugar a cadros clínicos específicos, e entón falariamos da Retinose Pigmentaria sindrómica, tal é o caso, por exemplo, da Síndrome de Bardet-Biedl, onde aparece ligada, entre outras, á polidactilia (máis de cinco dedos), a Síndrome de Usher, onde aparece ligada á xordeira, etc.

A RP pode ser causada por unha grande diversidade de xenes. Descubrilos é unha tarefa moi difícil.

A visión é un proceso complexo e pouco coñecido a nivel molecular, o que explica que o progreso no coñecemento da enfermidade sexa máis lento do que inicialmente se esperaba.

Hoxe en día a comunidade científico- médica segue loitando para que a RP deixe de ser unha enfermidade "dexenerativa" e "incurábel", e co seu esforzo lograrase preservar a visión do colectivo de pacientes que sofren dita enfermidade.

Calquera dúbida ó respecto, consultade en pirata.bueu@gmail.com





Comentarios (0) - Categoría: TRABALLOS - Publicado o 18-11-2009 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
AS HISTORIAS DE PRIMEIRO
Neste novo apartado iremos presentándovos os contos feitas polo alumnado de 1º de ESO. Como veredes, bótanlle moita imaxinación e hai historias para todos os gustos. Non vos esquezades de que podedes opinar, a ver que vos parecen as dúas primeiras:

O TRASNO DO BOSQUE por Anxo Vidal
Vou só polo bosque, non hai ninguén máis que eu vexa, comeza a facerse de noite e a chover. Paro ó pé dunha árbore, vexo para arriba e descubro un trasno. Lánzame un móbil e dime:
- Mira ben o que fas, que só podes realizar unha chamada.
Eu quedeime alucinado, non tiña nin idea do que estaba pasando. De repente faise de día, non sei como pero así foi. Albisquei o trasno ó lonxo e empecei a perseguilo, notei que andaba máis rápido do normal, era rapidísimo. Non daba creto ó que estaba pasándome pero a min aquilo encantábame.
Freeime e díxenme:
- Un momento. Isto é demasiado bo para ser real... Ben, que se lle vai facer!
Xusto no momento en que ía pillar o trasno, todo o que estaba ó meu arredor converteuse en chocolate, ata o trasno, ao cal comín.
Todo era perfecto. Cando xa nada podía ser mellor comezaron a caer do ceo consolas, ordenadores, móbiles, diñeiro... Era marabilloso.
Cando abrín os ollos eu estaba tirado no chan do bosque, ó pé daquela árbore coa cabeza sangrando. Fun á casa, curáronme a ferida no hospital. A ferida fixéraa cunha piña que caera da árbore. ¿E o do móbil? Pois era moi fácil, só tiña unha chamada porqueera xusto o que me quedaba de saldo.
Comentarios (0) - Categoría: AS HISTORIAS DE PRIMEIRO - Publicado o 17-11-2009 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
O SAMAÍN
A FESTA DO SAMAÍN
Un ano máis o alumnado de 1ºde ESO preparou a decoración da entrada do centro con grinaldas e vidreiras de cabazos, bruxas, gatos negros e morcegos. Un grupiño de alumnos e alumnas de 2º de ESO trouxeron uns cabazos decorados e as alumnas do CM de Estética expuseron as súas máscaras terroríficas.
Pero por que nós falamos de Samaín e non de Halloween?
Na cultura celta a noite do 31 de outubro comezaba o novo ano. Celebrábase unha festa na honra dos defuntos, coincidindo coa transición do outono ao inverno. Tamén hai unha transición entre o mundo dos vivos e o dos mortos, que se comunican.
É unha data en que o máis alá contacta co noso mundo e os vivos preparan alimentos para que os antepasados finados volvan visitar as súas casas e as súas familias.
As investigacións rexistraron a celebración do Samaín en Galicia hai uns 30 anos e tamén en zonas de Cáceres, Zamora e Madrid.
É posible que o Halloween dos Estados Unidos proceda do Samaín,levado ao novo continente polos irlandeses.
Comentarios (2) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 02-11-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0