Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
Estes son os carteis premiados noXIII Concurso de Carteis Contra a Violencia de Xénero, convocado polo CIM do Concello de Bueu. Noraboa ás gañadoras e ao gañador!
Tedes tamén unhas cancións que falan da importancia da liberdade que as mulleres debemos e deberiamos ter nas nosas vidas.