Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COLOQUIO CO ESCRITOR FRANCISCO CASTRO.
O vindeiro venres día 29 o escritor vigués Francisco Castro visitará o noso centro para falar connosco dos seus libros.
O alumnado de 2º de ESO poderá comentar con el os seus libros O segredo de Marco Polo e mais O ceo dos afogados. Os de 2º de Bacharelato tratarán a obra Spam.
Para que vos poidades ir informando sobre o seu traballo e as súas obras, engadimos un enlace ao seu blog: A canción do náufrago.
A CANCIÓN DA NÁUFRAGO. BLOG DO AUTOR.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 26-10-2010 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
ENFOCA A CIENCIA. CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA E CIENTÍFICA. VELAQUÍ AS BASES:

QUEN SE PODE PRESENTAR?
Calquera alumno-a do centro, independentemente do curso ao que pertenza, de xeito individual ou en parellas.

 QUE HAI QUE FACER?
- O xoves 4 de novembro, co gallo da celebración da Xornada pola Ciencia en Galego, durante o recreo tedes que realizar fotografías que amosen a presenza da ciencia e as matemáticas no mundo que nos rodea e en obxectos da vida cotiá. Contaremos con material na entrada, na biblioteca e no contorno do centro.
- Antes dese día, as persoas que queiran concursar deberán anotarse en Vicedirección ou ben dicirllo a algunha das profesoras encargadas da actividade.
- Entre as fotos que fagades debedes escoller un máximo de tres e poñerlles candanseu título que poña de manifesto a presenza da ciencia nesa imaxe.

 COMO SE ENVÍAN AS FOTOS?
- Cada participante/parella poderá enviar de unha a tres fotos.
- Tedes que presentalas en formato dixital JPEG e envialas por correo electrónico ao enderezo: ies.johan.carballeira@edu.xunta.es, indicando no ASUNTO: ?Enfoca a ciencia?.
- O prazo de admisión remata ás 12 da noite do xoves 4 de novembro.
- No correo deberá figurar o nome(s) e curso(s) das persoas participantes e o título da(s) foto(s).

 COMO SE ESCOLLEN AS FOTOS GAÑADORAS?
- Todas as fotografías enviadas serán expostas na Biblioteca durante os días 8 e 9 de novembro e poderedes votar as vosas favoritas.
- Tendo en conta as fotos máis votadas na biblioteca, a súa calidade e a idoneidade do título escollido, o xurado, formado por profesorado do centro, escollerá as fotos gañadoras.
- As persoas gañadoras daranse a coñecer o mércores 10 de novembro durante a celebración do Magosto.

 QUE SE PODE GAÑAR?
Establécense dous premios:
- 1º PREMIO: Vale de 40 euros mais un lote de material escolar.
- 2º PREMIO: Vale de 30 euros mais un lote de material escolar.

Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 21-10-2010 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTAMOS EN MARCHA!
Ola Enxebres!
O noso obradoiro de contacontos está a caer. O vindeiro martes 19 de outubro reunirémonos na AULA 2 no RECREO para comezar.
Se te animas, non dubides en pasar por alí e contarnos as túas propostas.
Agardámoste!
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 11-10-2010 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0