Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

QUEREMOS GALEGO!

O pasado sábado 17 de outubro, a plataforma QUEREMOS GALEGO organizou un acto público no Aturuxo. Alí estivo unha representación do noso centro, na que destacou Cristina Madrid (1º ESO-B), que recitou o poema "A fala".
Ao día seguinte celebrouse en Santiago unha manifestación histórica, pois todos os medios de comunicación falan de, polo menos, 50.000 persoas reunidas na defensa do idioma.
É un orgullo participar neste tipo de actos e comprobar que aínda somos moitos e moitas os que seguimos querendo galego.
Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 21-10-2009 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE CONTACONTOS NOS RECREOS
Xa temos un bo grupo de alumnos e alumnas para empezar o obradoiro de contacontos.
Quedamos todos os xoves no recreo na aula 2 para aprendermos a contar unha historia en público e poder poñela en escena.
Aínda estades a tempo de participar. Animádevos e vide por alí, veredes que ben o pasades.
Comentarios (0) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 15-10-2009 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0