Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
Aquí tedes as bases do concurso de fotografía matemática organizado polo EDLG e os Departamentos de Matemáticas e Artes Plásticas.

QUEN SE PODE PRESENTAR?
Calquera alumno ou alumna do centro, independentemente do curso ao que pertenza, de xeito individual ou en parellas.

 QUE HAI QUE FACER?
- Tedes que realizar fotografías que amosen a presenza das matemáticas no mundo que nos rodea e en obxectos da vida cotiá. Podedes inspirarvos coa exposición que se atopa na entrada do centro, pero lembrade que as vosas fotos deben ser orixinais e inéditas.

- Entre as fotos que fagades debedes escoller un máximo de dúas e poñerlles candanseu título en galego que poña de manifesto a súa relación co mundo matemático.
- 3º PREMIO: Un lote de material escolar.

 COMO SE ENVÍAN AS FOTOS?
- Cada participante/parella poderá enviar unha ou dúas fotos.
- Tedes que presentalas en formato dixital JPEG e envialas por correo electrónico ao enderezo: edlgjohancarballeira@gmail.com, indicando no ASUNTO: ?ENFOCA AS MATES?.
- O prazo de admisión remata ás 12 da noite do xoves 2 de febreiro.
- No correo deberá figurar o nome(s) e curso(s) das persoas participantes e o título da(s) foto(s).
- As fotos que non cumpran estes requisitos serán eliminadas do concurso.

 COMO SE ESCOLLEN AS FOTOS GAÑADORAS?
- As fotos serán expostas no centro.
- Tendo en conta a súa calidade e a idoneidade do título escollido, o xurado escollerá as fotos gañadoras.


 QUE SE PODE GAÑAR?
Establécense os seguintes premios, sempre que o xurado o considere oportuno:
- 1º PREMIO: Vale de 40 euros mais un lote de material escolar.
- 2º PREMIO: Vale de 30 euros mais un lote de material escolar.
- 3º PREMIO: Un lote de material escolar.

COLLEDE A CÁMARA, ENFOCADE BEN E QUE GAÑEN AS MELLORES!!
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 23-01-2012 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0