Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A FOLGA DO DÍA 21 NO NOSO CENTRO
Ola a todos e a todas!
O pasado xoves día 21 o alumnado do instituto fixo folga na súa inmensa maioría, só o 1% veu á clase. Ademais algúns e algunhas acudistes á manifestación de Santiago, igual que moitos profes.
Desde o Bouenxebre agradecémosvos o voso interese e animámosvos a seguir participando nas mobilizacións en defensa da lingua.
Comentarios (0) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 25-01-2010 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
O CLUB DE LECTURA RETOMA A SÚA ACTIVIDADE
Onte tivemos a primeira sesión do curso do noso Club de Lectura. Falamos sobre a obra Flores para Algernon de Daniel Keyes, que nos conta a historia de Charly, en home diferente que ve como a súa vida cambia cando se volve máis intelixente.
A obra deunos pé a falar das persoas consideradas "diferentes" e pasámolo moi ben.
Onte tocoulle ao alumnado de 1º de ESO e hoxe ao de 2º.
Agardamos que vos vaiades animando a participar, e se queredes xa podedes pedir na biblioteca o libro do que falaremos na próxima sesión: Dez negriños de Ágatha Christie.

Se visitades a nosa galería de fotos veredes os atentos lectores do club...
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 20-01-2010 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0