Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

4º VALO

No 4º valo deberedes acertar o nome do edificio e o lugar onde se ubica.

Animádevos a participar!... e non vos esquezades de poñer o voso nome, apelidos e curso.
Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 20-02-2015 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
3ºVALO
Este terceiro valo consiste en adiviñar o nome da construción arquitectónica onde se atopa a perxebriña así como o lugar (parroquia) onde pertence.
(Se fostes a algunha voda dun familiar ou amig@ seguro que vos soa)

Animádevos a participar... aínda podedes pillar a María de 1º ESO!

Os que concursen de novo deben responder tamén as anteriores preguntas. Ah! e non vos esquezades de poñer o voso nome, apelidos e curso.
Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 10-02-2015 01:47
# Ligazón permanente a este artigo
14 de FEBREIRO: VOLVE CUPIDO!





Onde caerán as súas frechas?
Creade unha postal e que a inspiración vos acompañe!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2015 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
2º VALO
Para poder superar este 2º valo, tedes que adiviñar en que lugar se atopa a perxebriña.
Sóavos de algo?

Non vos esquezades de mandar o voso NOME, APELIDOS e CURSO.
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 01-02-2015 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
MICRORRELATOS
Os cursos de 1º e 3º da ESO elaboraron uns microrrelatos moi interesantes. Merece a pena lelos!



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2015 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
1º VALO: Nesta primeira foto a perxebriña nolo pon fácil: tedes que dicir o NOME do cruceiro e o LUGAR onde está emprazado.

Veña, a ver se vos animades e descubrides o enigma! Agora nos distanciamos, a perxebriña pon os pes no chan e xa podemos ver algo máis do sitio onde se atopa.

Non vos esquezades de poñer o voso NOME, APELIDOS e CURSO, cando mandedes as vosas respostas! (Estou recibindo comentarios vosos pero non podo poñer os nomes dos acertantes na carreira de valos, xa que descoñezo os vosos datos).
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 15-01-2015 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
A PERXEBRIÑA BOTA A ANDAR
Iniciamos o percorrido desta perxebriña viaxeira, que nos convida a acompañala... ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NESTE CONCURSO ADIVIÑANDO CADA SEMANA O LUGAR QUE VISITA A NOSA MASCOTA.

Premede en comentarios (POÑEDE O VOSO NOME, APELIDOS E CURSO) e enviade as vosas respostas!

Quen teña ao final deste curso máis acertos chegará antes a META e recibirá un AGASALLO!!!

Podedes seguir o desenvolvemento do concurso premendo no seguinte enlace:


CARREIRA DE VALOS



SORTE!!!

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 15-01-2015 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Xogamos ás Adiviñas?
Velaí tedes unha chea de enigmas propostos polo alumnado de 3º ESO. As solucións están agochadas detrás de cada un deles que se expoñen na entrada do centro.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2015 03:21
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL
Noraboa ás alumnas gañadoras, todas de 1º ESO (... algo pasa neste curso que hai tanta creatividade!!!):
Ioana Ema Lascu polo seu 1º premio.
María Brocos polo 2º premio.
Andrea Fasero polo mellor texto.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-12-2014 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
VEN O NADAL!
Agora que ides ter un pouco máis de tempo polo Nadal, aí van unhas suxestións para que vos mergulledes na lectura.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2014 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [21]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0