Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MARATÓN POLA LINGUA GALEGA

A canle televisiva Irmandade TV pasou polo noso centro e entrevistou a alumnas e alumnos do noso equipo. A súa intención é a de crear un programa de enquisas de 12 horas de duración, "Maratón pola lingua galega", no que se intenta averiguar as causas que provocan o problema cada vez máis agudo da perda de galegofalantes.
Estaremos á expectativa da retransmisión desta gravación que se prevé que sexa nos vindeiros días polo seu facebook, e ao parecer tamén a través da compañía R e algunha emisora local.
Comentarios (0) - Categoría: ENTREVISTAS - Publicado o 25-03-2015 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
8º VALO
Imos xa polo 8º valo!
Noraboa a María, de 1º ESO A que vai embalada e non hai quen lle tusa, mais... non hai que confiarse porque a carreira continúa.
Neste caso tedes que adiviñar cal é a imaxe que se mostra coa perxebriña e en qué construcción se atopa. Coma sempre tamén debedes dicir o lugar e a parroquia.
Ánimo!
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 23-03-2015 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
PRESUME DE GALEGO

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega está a facer unha campaña titulada "Presume de Galego" dende diversos centros de ensino de Galicia.
O propósito é dar a coñecer a marabillosa fonética das mozas e mozos galegofanlantes dos distintos sitios do noso país.
O Johan Carballeira tamén se fai escoitar a través das voces dalgúns dos seus alumnos e alumnas. Podes comprobalo (de momento só sae o comentario de Isaura Framil de Amorín, de 2º ESO B) no seguinte enlace.

PRESUME DE GALEGO

De todos os xeitos tedes a continuación as gravacións que se fixeron acerca deste tema.

O galego da costa e o de interior from educarte on Vimeo.

Un galego en Tenerife from educarte on Vimeo.

Untitled from educarte on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: ENTREVISTAS - Publicado o 21-03-2015 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
POESÍA VISUAL

O alumnado de 1ºESO, 3ºESO e FPB realizaron uns interesantes POEMAS VISUAIS que se atopan expostos no noso vestíbulo.
Noraboa a todos vos por agasallarnos con estes poemas tan visualmente suxestivos!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-03-2015 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
7º VALO
Ánimo concursantes! Ides moi ben na carreira!
Neste 7º valo tedes que adiviñar en qué lugar e parroquia de Bueu se atopa desta vez a nosa perxebriña.
Sorte!
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 18-03-2015 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
6º VALO
Atención atletas!!

A perxebriña anda hoxe pola praia e atopou esta singular rocha.

Tedes que adiviñar o nome co que se coñece esta pedra furada, así como o nome da praia e o lugar onde está emprazada.
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 08-03-2015 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA DAS ONDAS DO MAR
Ao igual que o ano anterior, os centros do Morrazo seguimos a recitar versos de Rosalía.

Esta vez poñemos o noso rumbo en "Na lingua que eu falo"

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2015 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
..."Temos infinitos motivos para ser Rosalía, hoxe e os demais días do ano. Non esquezamos, pois, o brando compás das súas palabras e berrémolas co son da pandeira e do tambor! Medrando nas voces veciñas. Has de cantar, Rosalía!"

Rosalía Fernández Rial, no nome do Consello Directivo da AELG



























rosalia from educarte on Vimeo.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2015 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
5º VALO
Atención concursantes!
Tedes que descubrir o nome deste edificio, o lugar onde se atopa e o nome do pintor galego que o deseñou.
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 23-02-2015 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
CARREIRA DE VALOS

Parece que aumenta a competencia... xa comeza a haber tensión na carreira!!

Animádevos e respondede as vindeiras preguntas. A próxima aparecerá a comezos da semana que vén.

De momento a situación é a que se mostra no esquema da parte superior.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 20-02-2015 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [21]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0