Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obra de teatro RESTAURANTE FARRUCO
Noraboa aos que fixeron posible esta posta en escena tan boa e divertida!

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-06-2015 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
VIAXE A SÁLVORA E A ONS
Como remate de actividades deste curso 2014-2015 compartimos co grupo de astronomía e co club de lectura unha viaxe ás illas de Sálvora e Ons. Mereceu a pena coñecer estas dúas xoias do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Se queredes ver fotos visitade a FOTOBLOGOTECA.
QUE TEÑADES UN BO VERÁN!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-06-2015 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
PALABRAS FERMOSAS

Estas son as palabras que o alumnado do EDLG levou ao Correlingua 2015, que por certo, foi un ÉXITO!
Se as queredes ver con máis detalle visitade a FOTOBLOGOTECA: CORRELINGUA 2015.
Aparte das camisetas tamén se colgaron máis fotos...
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 21-05-2015 17:45
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2015 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
ENIGMA 7.- XEOGRAFÍA DE BUEU

Benvidos, arduos pescudadores!

Neste recuncho do voso plano pirata atoparedes dous enigmas relacionados coa xeografía de Bueu que deberedes resolver: o enigma 7A.- PRAIAS e o enigma 7B.- MONTES.

SORTE!
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 28-04-2015 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
"NA PROCURA DO TESOURO" 2015

Emprendemos unha nova aventura: ADIVIÑADE 12 ENIGMAS e atoparedes un magnífico TESOURO!

Se queredes participar formade grupos de 2 a 5 persoas e anotádevos na BIBLIOTECA. Alí se vos dará unha Folla de Respostas e un mapa para que non vos perdades nas vosas pesquisas. Lembrade que a tedes que entregar antes do LUNS 11 DE MAIO.

O grupo gañador recibirá o TESOURO nun acto conmemorativo das LETRAS GALEGAS, que será o día XOVES 14 DE MAIO, no salón de actos, á hora do recreo.

Animádevos e entregade canto antes, xa que en caso de empate de resultados gañará o que antes chegue!

Na parte superior podedes ler con detalle as BASES.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 28-04-2015 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
CADA COUSA POLO SEU NOME

O EDLG, coma todos os anos, segue a organizar o concurso de léxico: "Cada cousa polo seu nome", dirixido este curso ao alumnado de Formación Profesional Básica.
Os resultados son tan extraordinarios que vai a estar difícil a elección do traballo gañador. Haberá que esperar un pouco para saber o resultado, que se dará a coñecer o XOVES 14 DE MAIO, á hora do recreo no salón de actos do instituto.
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 17-04-2015 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
FINALIZA A CARREIRA DE VALOS

Despois de duras semanas salvando valos, finaliza esta carreira cunha crara gañadora: MARÍA BROCOS JUNCAL, de 1º ESO A. NORABOA!!!

Ven a recibir o agasallo o XOVES 14 DE MAIO, á hora do recreo, no salón de actos do insti. Ese día haberá un acto de conmemoración das nosas LETRAS GALEGAS.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 17-04-2015 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
9º VALO
Ola de novo concursantes!
Despois destas breves vacacións emprendemos outra vez a marcha. Esta vez a perxebriña botouse a descansar ao carón dunhas lanchas que se atopan en qué lugar?
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 09-04-2015 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE CÓMIC
Hoxe tivemos a oportunidade de contar cun artista gráfico, Josuha (Josuha Acuña Martínez), nado aquí en Bueu e que fixo posible a realización dun obradoiro de cómic. Estivo dirixido especialmente a aqueles membros do noso equipo que están a realizar durante este curso un mural no patio do instituto. Como o tema deste a pintar é unha versión personificada de cada elemento químico que conforma a "Táboa períódica dos elementos",o taller de Josuha foi enfocado á creación de personaxes que representaran as súas cualidades intrínsecas.
Agora que temos os debuxos máis detallados esperamos seguir avanzando no pintado deste mural.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 26-03-2015 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [21]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0