Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NAMORADOS 2016
Animádevos a participar no CONCURSO DE POSTAIS agora que se achega o Día dos Namorados. Sede creativ@s no voso deseño e texto e sorprendede á persoa á quen llo dirixides. Lembrade que a data límite de presentación é o xoves 11 de febreiro.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 27-01-2016 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
ALFOMBRA VERMELLA 2015

Publicouse no Faro de Vigo o domingo, 20 de decembro un artigo a toda páxina sobre a nosa primeira incursión no cinema de terror. Tedes aí a nosa "primeira crítica".
Comentarios (0) - Categoría: PRENSA - Publicado o 13-01-2016 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
GUÍAS DE LECTURA
Para que non vos aburrades nestas vacacións aí van unhas suxestións que elaboramos dende os EDLG do Morrazo. Disfrutádeas!



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-12-2015 19:22
# Ligazón permanente a este artigo

Estrenouse con grande éxito o 1º Festival de Curtas Terroríficas no Johan Carballeira. Á presentación das tres magníficas curtas asistiron os seus protagonistas, que se prestaron a posar na alfombra vermella e a someterse as enquisas das nosas reporteiras, mentres que eran recibidos con grandes aplausos por unha gran afluencia de entusiasmado público.
Se queredes disfrutar das instantáneas consultade a FOTOBLOGOTECA.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 19-12-2015 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
ACHÉGASE O NADAL!

Noraboa a todo o alumnado participante no deseño de postais de Nadal: puxestes o nivel moi alto!. E felicidades aos gañadores e gañadoras do concurso.
Que teñades unhas boas vacacións de Nadal e moitos ánimos para o vindeiro 2016!
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 16-12-2015 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Así foi o SAMAÍN!
Houbo unha actividade frenética con aparicións varias de monstros e bichos raros...

Grazas ao alumnado de Estética polas súas creacións de manequíns extraordinariamente maquillados para a ocasión.

E NORABOA para a cabaza gañadora, cuxos autores son Lara, Lydia e Miguel, de 4º PDC!

Se queredes ver as fotos dese día consultade a nosa FOTOBLOGOTECA.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 30-10-2015 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
25 de NOVEMBRO, Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres

Estes son os carteis premiados no XIII Concurso de Carteis Contra a Violencia de Xénero, convocado polo CIM do Concello de Bueu. Noraboa ás gañadoras e ao gañador!

Tedes tamén unhas cancións que falan da importancia da liberdade que as mulleres debemos e deberiamos ter nas nosas vidas.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2015 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
1º FESTIVAL DE CURTAS TERRORÍFICAS NO JOHAN CARBALLEIRA

Iniciamos este ano un ambicioso proxecto que pretendemos darlle continuidade nos vindeiros anos. TODO DEPENDE DE VOS, AMIGOS CINEASTAS!!!

Poñede en marcha a vosa imaxinación como contadores de historias de terror, porque lles daremos o estreno no FESTIVAL DE NADAL.

HABERÁ DOUS GRANDES PREMIOS: Á MELLOR CURTA E O PREMIO DO PÚBLICO.

NON VOS ESQUEZADES DE ANOTARVOS EN VICEDIRECCIÓN ANTES DO 29 DE OUTUBRO.

AS CURTAS PODEDES ENTREGALAS ANTES DO 11 DE DECEMBRO.

Tedes aquí a vosa oportunidade de lanzarvos á fama e pasear pola alfombra vermella!

(Tedes na parte superior as bases do concurso.)



Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 22-10-2015 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
SAMAÍN 2015
Coma todos estes anos, haberá zombies, vampiros, meigas... e por suposto CABAZAS!

Traede as vosas creacións o 28 de outubro e participaredes no concurso. Haberá premios terroríficos!

Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 22-10-2015 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
BENVID@S A ESTE NOVO CURSO 2015-16 EN GALEGO!

Noraboa a todas e todos que formades xa parte do noso equipo!... (Tamén hai sitio para aqueles e aquelas que aínda o estades pensando).

Lembrade que os comunicados e convocatorias de reunións estanse anunciando na cortiza situada ao carón das escaleiras.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2015 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0