Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TÁBOA PERIÓDICA
Por fin rematamos a gran obra que nos levou dous anos, pero mereceu a pena: temos o mural dos elementos químicos no patio do insti.
Como ben sabedes completamos este traballo facendo unha relación dalgúns elementos cos diferentes departamentos que representan as materias que estudades. Con respecto a isto, houbo un concurso: "Cada ovella coa súa parella", onde vos pediamos que buscárades esta relación.
Pois a continuación podedes consultar as solucións premendo na fiestra seguinte.


Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 23-06-2016 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
PREGUNTA 10

Chegastes ao último enigma. Propoñémosvos xogar á OCA de artistas plásticas galegas.
As instrucións tédelas a continuación.
Sorte!

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 03-05-2016 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
PREGUNTA 9C

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 03-05-2016 01:16
# Ligazón permanente a este artigo
PREGUNTA 9B

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 03-05-2016 01:15
# Ligazón permanente a este artigo
PREGUNTA 9A

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 03-05-2016 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
NA PROCURA DO TESOURO
Xa estamos en MAIO, mes das LETRAS GALEGAS!

Xa sabedes que este ano dedícase á figura de Manuel María, poeta e escritor da Terra Chá.

E coma todos os anos animámosvos a que participedes no GRAN CONCURSO: "NA PROCURA DO TESOURO". As bases están publicitadas por todo o centro... lembrade que tedes de prazo para resolver os 10 enigmas ata o MÉRCORES, 18 DE MAIO.

En breve publicaremos as preguntas correspondentes ao Bou Enxebre.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 03-05-2016 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
CADA OVELLA COA SÚA PARELLA

Animádevos a concursar neste xogo que vos propoñemos: debedes dar a explicación da relación que establecemos entre un elemento da táboa periódica e un dos departamentos do centro.
Para axudarvos tedes un debuxo: a EXPLICACIÓN está relacionada con esta PISTA.

Tedes que poñer o voso NOME E APELIDOS e CURSO.

Quen antes conteste ao maior número de preguntas será o GAÑADOR OU GAÑADORA!

Ahhh..!, as respostas terán que estar, por suposto, en GALEGO, en caso contrario quedarían descualificadas.
Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 18-03-2016 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA 2016

Hoxe, 24 de febreiro, "Día de Rosalía" querémonos sumar á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, (AELG), enviando ás 11,15 horas dende o noso móbil, #mobilizarosalía
o seguinte texto:
TROCANDO EN SORRISAS/
QUEIXIÑAS E CHOROS.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2016 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
POSTAL "NAMORADOS"

Noraboa aos gañadores do concurso de Postais "Día dos Namorados".
Hai que felicitar tamén a todo o alumnado participante, que presentou traballos de grande calidade!
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 23-02-2016 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
XOGAMOS ÁS ADIVIÑAS?
O alumnado de 3º ESO rétanos a resolver os seus enigmas.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 28-01-2016 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0