Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concursos NAMORADOS e IGUALDADE NO TRABALLO

Desde o EDLG propoñémosvos dous concursos para estas datas:
1 - Realización dunha declaración de amor ou amizade, ou ben, se vos gusta máis aplicádevos na elaboración dunha ODA ao que vos queirades.
2 - Creación dunha viñeta para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O tema é a Igualdade de xénero no traballo.
Como vedes mandamos as bases de cada concurso.
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 09-02-2017 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
A ARTE DA PAZ

Para o Día da Paz o EDLG e o departamento de Artes Plásticas, en colaboración con BiblioCarballeira e Titorías elaboraron esta versión do famoso cadro Guernica, que ben sabedes é de Picasso.
A actividade titulouse " A Arte da Paz" e pediuse ao alumnado que pescudara imaxes, na hora de titoría, de obras de arte relacionadas coa paz. O día 30 de xaneiro pegamos esas imaxes nalgunhas das figuras que se representan no cadro. Acompañouse con textos feitos polo Equipo de Biblioteca onde se explicaba a simboloxía dos personaxes que Picasso pintou nesta obra tan emblemática.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2017 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
CURTEN 2016
Aquí tedes ocasión para repasar como foi o 2º FESTIVAL DE CURTAS TERRORÍFICAS.
Que vos guste!

CURTEN ASÍ FOI... 2016 from educarte on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 02-01-2017 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Postais de Nadal 2016

NORABOA ás gañadoras e a todas e todos os participantes do concurso de POSTAIS DE NADAL 2016!
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 02-01-2017 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Guías de lectura 2016/17
Coma todos os anos, por estas datas, animámosvos a que merquedes GALEGO, agasalledes GALEGO, vivades GALEGO.
Aí van as nosas suxestións.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-12-2016 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
BASES

Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 08-11-2016 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
2º FESTIVAL DE CURTAS TERRORÍFICAS
Este é o segundo ano que presentamos esta convocatoria, á raíz do éxito acadado no seu inicio.

Confiamos en que desexedes que este evento siga adiante, mais non será posible se non contamos coa vosa participación.

Así que xa sabedes, lede ben as bases e animádevos a concursar.

O festival bautizámolo co logo CURTEN

Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 08-11-2016 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
NORABOA Á CABAZA GAÑADORA!
Temos que felicitar a Laura Restrepo Hernández, de 2º ESOB, pola creatividade, boa técnica pictórica e aspecto tremendamente terrorífico que amosou a súa cabaza, gañadora neste SAMAÍN 2016.

Se queredes ver mais fotos entrade na FOTOBLOGOTECA.

NON VOS ESQUEZADES DE PRESENTAR A VOSA CURTA DE TERROOOOORRRR!!!!!!

O PRAZO DE ENTREGA É O FATÍDICO MARTES 13 DE DECEMBRO.

CONSULTADE AS BASES!
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 08-11-2016 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
SAMAÍN 2016
Benvidas e benvidos a este novo curso!
Coma todos os anos, chegada esta data sabedes que imos celebrar o SAMAÍN.
Animádevos a participar no concurso de cabazas e presentade en vicedirección a vosa cabaza "tuneada", antes do 27 deste mes.
Por suposto que tamén nos disfrazaremos o día 28 de OUTUBRO na hora do recreo cada cal coa súa personaxe que lle pareza mais terrorífica!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2016 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
FELIZ VERÁN!
Feliz verán a todas e a todos!
Que teñades unhas boas vacacións e veñades coma sempre con moita ilusión e ganas de aprender e divertirse.
Se queredes ver as fotos de Allaríz, consultade a FOTOGLOBOTECA. Saudiños!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-07-2016 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0