|
|
|
VERBAS PARA O CORRELINGUA |
|
Coma todos os anos levaremos ao Correlingua a nosa camiseta cunha verba galega.
Podedes inspirarvos nas que pintamos para o Correlingua 2015.
|
|
|
|
CERTAME DE REGUEIFAS |
|
regueifas from educarte on Vimeo. |
|
|
|
"NA PROCURA DO TESOURO" |
|
Animádevos a participar nesta aventura!
Teredes que seguir as pistas e resolver os 8 enigmas que se vos propoñen, para poder acadar un GRAN TESOURO.
TEDES DE PRAZO ATA O VENRES 5 DE MAIO!
O grupo que antes resolva, será o que leve o tesouro.
Apuntádevos e pedide as bases na BIBLIOTECA. |
|
|
|
ENIGMA 6.- LITERATURA XUVENIL |
|

|
|
|
|
ENIGMA 7.- SACA DO SACO |
|

|
|
|
|
ENIGMA 8. ENTRE RÚAS |
|
 ÁNIMO, XA ESTADES TOCANDO O TESOURO!
Teredes que resolver esta encrucillada de nomes de rúas de Bueu.
Tedes as pistas na parte inferior.
|
|
|
|
ENIGMA 8.- PISTAS |
|

|
|
|
|
EU SON ROSALÍA. (Concurso) |
|
 Preciosa esta foto!!
Animádevos e participade! |
|
|
|
EU SON ROSALÍA |
|
Como ben sabedes o 24 de Febreiro é o Día de Rosalía.
No vestíbulo do centro tedes un photocall no que podedes fotografarvos cunha careta da nosa poetisa. Podedes elixir algunha das que xa están feitas, ou tedes tamén a oportunidade de tunear o modelo exposto e así participar no concurso "Qué Rosalía é a máis orixinal?".
Enviade as vosas fotos á dirección de correo:
artesplasticascarballeira@gmail.com
ANTES DO VENRES 3 DE MARZO.
Non esquezades poñer o voso NOME E CURSO.
Sabedes QUEN É QUEN?:
|
|
|
|
POSTAL NAMORADOS |
|
Noraboa a todos os e as participantes deste Concurso de Postais e Odas de Namorados e Namoradas deste curso!!
Non vos puidemos comunicar antes os e as gañadoras porque o nivel de calidade dos vosos traballos foi tan grande que nos costou moito chegar a unha conclusión.
Na Categoría A tivemos que desdobrar o premio, xa que era moi difícil englobar texto e deseño nunha única postal.
Polo que a decisión do xurado, formado polo profesorado do EDLG do centro, foi desta maneira:
- PREMIO AO MELLOR TEXTO DA CATEGORÍA A, para LAURA HERNÁNDEZ, de 2º ESO B;
- PREMIO AO MELLOR DESEÑO DA CATEGORÍA A, para IRIA ESTÉVEZ JUNCAL, de 1º ESO B;
- PREMIO A MELLOR POSTAL DA CATEGORÍA B, para MARTÍN PORTELA LAMOSA, de 1º Bacharelato C.
NORABOA AS GAÑADORAS E GAÑADOR!!
No Festival de Entroido recibiredes os vosos agasallos!!
|
|
|
|
|
|
|