Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DÍA DOS NAMORADOS (E DAS NAMORADAS...)
Queredes declararvos e non sabedes como facelo?
Xa estades abrurrid@s de agasallar o voso amor con rosas e bombóns?
Non vos saen as palabras axeitadas?
Temos a solución:
No recreo do venres 11 e luns 14 de febreiro atoparedes na entrada unha selección de poemas de amor e algo moi doce para enviarllo a quen queirades. Só tedes que pagar 30 céntimos, que irán destinados a axudar á CRUZ VERMELLA, e indicar no sobre que vos daremos a quen vai dirixida a vosa poética declaración. O día 14 de febreiro uns enviados de Cupido repartirán os sobre polas clases.
Animádevos a sorpender a esa persoa tan especial e a colaborar asemade cunha iniciativa solidaria.
Agardámosvos.
Comentarios (0) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 09-02-2011 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0