Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSO DE RELATO E POESÍA
Velaquí tedes as bases do concurso de relato e poesía convocado polo EDLG. Buscade inspiración e animádovos a escribir!

1.Pode participar calquera alumno ou alumna do centro dentro das seguintes categorías:
a. 1º ciclo de ESO
b. 2º ciclo de ESO
c. Bacharelato

2. Cada persoa pode concursar en calquera das seguintes modalidades:
 POESÍA. Deberá escribir un conxunto de tres poemas de tema e forma libre que sexan orixinais e inéditos.
 NARRATIVA. Deberá redactar un texto dunha extensión máxima de cinco follas mecanografadas a dobre espazo.

3. Os traballos entregaránselle a calquera das profesoras do Departamento de Lingua Galega antes do 28 de febreiro de 2011.

4. Os traballos deberán ir acompañados dun sobre, no exterior do cal figuren o título da obra e a categoría pola que concursa. No interior incluirase o nome, apelidos e curso do autor ou autora.

5. Escollerase un traballo gañador en cada categoría, que recibirá un premio por valor de 50 euros e un lote de material escolar.

6. Os traballos gañadores serán publicados no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (http://www.blogoteca.com/bouenxebre/) e serán enviados ao IV Premio Literario Escolar Novacaixagalicia, coa posibilidade de gañar un ordenador e unha impresora.


MOITA SORTE!



Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 09-02-2011 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0