Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS HISTORIAS DE PRIMEIRO
Neste novo apartado iremos presentándovos os contos feitas polo alumnado de 1º de ESO. Como veredes, bótanlle moita imaxinación e hai historias para todos os gustos. Non vos esquezades de que podedes opinar, a ver que vos parecen as dúas primeiras:

O TRASNO DO BOSQUE por Anxo Vidal
Vou só polo bosque, non hai ninguén máis que eu vexa, comeza a facerse de noite e a chover. Paro ó pé dunha árbore, vexo para arriba e descubro un trasno. Lánzame un móbil e dime:
- Mira ben o que fas, que só podes realizar unha chamada.
Eu quedeime alucinado, non tiña nin idea do que estaba pasando. De repente faise de día, non sei como pero así foi. Albisquei o trasno ó lonxo e empecei a perseguilo, notei que andaba máis rápido do normal, era rapidísimo. Non daba creto ó que estaba pasándome pero a min aquilo encantábame.
Freeime e díxenme:
- Un momento. Isto é demasiado bo para ser real... Ben, que se lle vai facer!
Xusto no momento en que ía pillar o trasno, todo o que estaba ó meu arredor converteuse en chocolate, ata o trasno, ao cal comín.
Todo era perfecto. Cando xa nada podía ser mellor comezaron a caer do ceo consolas, ordenadores, móbiles, diñeiro... Era marabilloso.
Cando abrín os ollos eu estaba tirado no chan do bosque, ó pé daquela árbore coa cabeza sangrando. Fun á casa, curáronme a ferida no hospital. A ferida fixéraa cunha piña que caera da árbore. ¿E o do móbil? Pois era moi fácil, só tiña unha chamada porqueera xusto o que me quedaba de saldo.
Comentarios (0) - Categoría: AS HISTORIAS DE PRIMEIRO - Publicado o 17-11-2009 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0