Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VISITA A PONTEAREAS
Onte por fin fomos a Ponteareas!
Como lles debiamos a visita,coñecemos a comarca do Condado e vimos o castelo de Vila Sobroso, o castro de Troña e a vila de Mondariz. Tivemos un día de forte sol e a camiñata de antes de comida abriunos o apetito. Ao chegarmos ao castelo xa pasaba da hora prevista, menos mal que o encargado nos agardou e nos ensinou todas as etancias...
Foi unha mágoa non poder entrar no balneario de Mondariz, pero polo menos probamos a auga da fonte medicinal (que sabía e cheiraba a raios...)
A verdade é que o pasamos moi ben, aínda que chegamos moi cansadiños-as...
Agradecémoslles dende aquí o bo trato recibido e mandámoslles saúdos.

EXCURSIÓN A PONTEAREAS
Cando chegamos a Ponteareas fomos directos ao IES Pedra da Auga, onde o director nos recibiu. Díxonos que estaba encantado de ternos alí e que esperaba que o pasásemos ben. Regaláronnos un pin do instituto.
Ao saír fomos ao Concello de Ponteareas. Alí recibiunos o alcalde, contounos un pouco o que iamos facer e regalounos unha revista para ver como era o Corpus na súa vila.
Cando saímos collemos o bus e fomos ao castro de Troña, tivemos que subir un pouco a pé, pero non foi moito. Alí unha profesora do IES Pedra da Auga comentounos a historia dese lugar. Descansamos un pouco e logo comezamos o camiño para ir ao castelo dos Sobroso. Entón si que tivemos que subir moito e ademais ía moita calor? Cando por fin chegamos, descansamos un pouco e despois empezamos a mirar o castelo, onde un home nos foi contando a súa historia. Cando rematou a visita xa era a hora de comer e cada un buscou un sitio onde poder comer á sombra e con tranquilidade. Estabamos moi cansos de tanto subir e de tanto andar?
Despois collemos os autobuses e fomos a Mondariz Balenario, que é moi bonito. Despois os profesores leváronnos ao río e alí puidemos descansar un pouco e merendar.
A verdade é que podiamos repetir, porque polo menos a min gustoume e así coñecemos máis sitios?
MARGA GARCÍA DACOSTA 3º ESO-A

Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 05-05-2009 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 moi bn <#blgtk08#br />
Comentario por fere (18-06-2009 09:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0