Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DECLARACIÓNS DE AMOR GAÑADORAS
Xa temos gañadoras do Concurso "Declárate en Galego". Tiñamos case 30 e o xurado non o tivo fácil. Tedes as orixinais na entrada do centro, pois aquí só vos poñemos os textos (e paga a pena velas):

1º PREMIO: SARA COMEDEIRO (1º BACH.-C)
"Soñei que o lume era xeado...
que a brisa do solpor ardía...
Soñando que os teus beizos me doían"

2º PREMIO: ANTÍA JUNCAL (3º ESO-A)
"Onte tiven un soño co cal se pintaban o teu nome e o meu nun corazón.
Facémolo realidade?"

3º PREMIO: IRENE OTERO (2º ESO-A)
"A terra pode ser unnha aventura moi difícil se ti non estás nela. Os ceos máis azuis son os que me esperan"

Noraboa a todas!
Comentarios (3) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 19-02-2009 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 noraboa a antía juncal, Sara#blgtk08# comedeiro e Irene Comedeiro
Comentario por MIiguel Ángel Martínez Otero (20-02-2009 12:20)
2 Ola, enviamos contacto para visita o blog de "O Faiado da Memoria", un espacio para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano.

A pesares de que abarca tan só a zona de influencia de Vilagarcía de Arousa, alí poderás atopar fotografías e información sobre a#blgtk08# vida desde o remate do século XIX, ata os anos oitenta. Con posibilidad de baixar documentos sobre xogos ou libros de apropositos de comenzos do século XX que poden ser de interés para o uso nas actividades escolares.

Gracias pola vosa visita.

www.blogoteca.com/ofaiadodamemoria
Comentario por antón (01-03-2009 01:38)
3 Ola, enviamos contacto para visita o blog de "O Faiado da Memoria", un espacio para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano.

A pesares de que abarca tan só a zona de influencia de Vilagarcía de Arousa, alí poderás atopar fotografías e información sobre a#blgtk08# vida desde o remate do século XIX, ata os anos oitenta. Con posibilidad de baixar documentos sobre xogos ou libros de apropositos de comenzos do século XX que poden ser de interés para o uso nas actividades escolares.

Gracias pola vosa visita.

www.blogoteca.com/ofaiadodamemoria
Comentario por antón (01-03-2009 01:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0