Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DÍA DOS NAMORADOS
LEMBRADE QUE XA QUEDA POUCO PARA ENTREGARDES AS DECLARACIÓNS PARA O CONCURSO (EN CONSERXERÍA) E AS CARTAS (NA CAIXA DA ENTRADA DO CENTRO). TEDES ATA O MÉRCORES 11 PARA AS DECLARACIÓNS E ATA O XOVES 12 PARA AS CARTAS. NON VOS ESQUEZADES!!

Aí vai un poema de Pilar Pallarés para que vos inspiredes:

Ameite tanto esta tarde,
cando ti non estabas,
e estaba o ceo como un atlas da ausencia
esvarando nas horas!

Que estraño é todo isto, este amor que se agolpa
e verte a súa furia por acima de unha
sen piedade!

Non sei por que estes días en que temos tanto
e tan fondo e tan duro e tan tristeiro,
días en que quixera aniquilarte
de tanto amor como me tinxe o corpo
e me lastima os dentes.

Esta tarde ameite como invasión de escumas
en sartegos tenrísimos.

Non sei que estrañas aves aniñaron en min
para que así te ame,
non sei que tortas rutas ou mans confabuladas
me trouxeron a ti,
non sei por que camiños navegou o meu sangue
para chegar a ti.

Non sei se faro ou torre ou terra prometida
foron marcando o norte dos meus sucos.

Só sei que aquí me tes, a ti ofrecida,
sen culpa deste amor que caeu sobre min
non sei se como pedra ou lóstrego ou fervenza.

Esta tarde ameite como nunca,
Pero ti non estabas.

PILAR PALLARÉS, Sétima soidade



E quen dixo que non pode declararse utilizando 20 palabras? Velaí van uns exemplos do libro Choiva, vapor e velocidade de RAÚL GÓMEZ PATO, porque ser orixinal tamén conta?


Quérote como as chourizas
ben feitas,
docemente
pero cun aquel de picante.


Quérote como o meu bisavó
levaba a boina,
altamente
e sempre na cabeza.
Sobre Pilar Pallarés
Sobre Raúl Gómez Pato
Comentarios (0) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 06-02-2009 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0