Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ENTROIDO 2009
Demostrade o enxebres que sodes participando no festival de Entroido do venres 20 de febreiro. Preparade os disfraces e as letras e aproveitade para criticar todo o criticable (con boas maneiras, eh?). Tedes que anotarvos en Vicedirección. Haberá premios para os/as mellores.
Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 04-02-2009 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Non sabia onde comentarvos asi como nesta non tiñades nada.....

Para comenzar un saúdo dunha da vella tripulante, que esta feliz de saber que agora que nos estamos xubilados, non falten corazóns para tripular este barco.
É forte, xa o veredes, porque esta impulsado por vos mesmos, alimentarase das vosa inquedanzas e da satisfación do traballo ben feito.

Pide ben pouco, uns recreos, algunhas tardes extras...pero a cambio teredes un recuncho dende onde poder decir todo que queirades que o mundo escoite.

Tedes o apoio, tedes os medios e sobre todo tedes a ilusión necesaria para facer desto unha experiencia que lembraredes toda a vida...

Difrutade, aprendede, madurade, vivide...
Non dubidedes en decir o que pensades, en defender o que creades xusto, en arrimar o lombo cando sexa preciso, sede, ante todo, fie#blgtk08#is a verdade e a vos mesmos...

Poden decir, é soio un xornal, pero e moito mais, e o Voso Xornal, o Noso xornal, e unah voz que conta todo o que queremos decir!

Non podo decir máis, soio desexarvos moita sorte, que sepades capear os temporais ( que viran, seguro),que aguantedes, porque vos faran mais fortes, e disfrutedes de todo esto tanto como eu tiven a oportunidade de disfrutar, e vos faga tan feliz como eu o fun entre esas catro paredes.

Sabede que tendes aqui unha man para o que faga falta, e por favor, no me tiredes cos posters!!

Estou segura que seredes unha tripulasión excelente, das bravas, das autenticas, que faran que moitos coma min se sintan orgullosos.

Moitos bicos, e ánimo!!!!!

P.D.Viva essa diretora!!!!!!Asún, eres a millor!! Fenomena!!



Comentario por L.S.D. (Dende o Enxebre para o mundo) (06-02-2009 23:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0