Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A VISITA DA CONSELLEIRA
VISITA DA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN AO CENTRO
O 17 de outubro tivo lugar no noso centro a visita da Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón. Xunto coas responsables do centro, a comitiva de educación percorreu as novas instalación. Máis tarde tivo lugar un acto ao que asistimos algúns alumnos e alumnas.
O acto comezou cun audiovisual sobre os cambios na educación en Galicia. Mentres tanto tomaron asento a Conselleira, o Secretario, o Director dos Ciclos, a Directora do noso centro e o alcalde da vila. A primeira en falar foi a Directora que, nun pequeno discurso loou o labor da Conselleira e expúxolles as carencias que ten o centro. Despois de falar a Directora puxeron outro audiovisual, no cal se falaba sobre os Ciclos e a Formación Profesional. Ao remate do vídeo tomou a palabra a Conselleira que expresou a súa satisfacción polas boas condicións que se acadaron no centro e amosou especial cariño pola vila na que veranea. Así finalizou o acto. A visita rematou sen nós, só cos responsables do centro cun pequeno aperitivo.
Dende o noso punto de vista o acto foi politicamente moi correcto e, a curto prazo tivo consecuencias positivas, como a limpeza exhaustiva do centro e dos arredores. Esperamos que a longo prazo cumpra o que prometeu, a construción da nova pista deportiva e o aumento do persoal de limpeza e de administración.
Paula Piñeiro Malvido e Diego Paz Escribano 2º Bach. A
Comentarios (2) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 04-02-2009 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 estou de acordo #blgtk08#co dito no texto
Comentario por andrea (06-02-2009 11:08)
2 iso de facer a pista deportiva e todo unha#blgtk08# trola!! e se non e a ver pa k ano a fan!!
Comentario por (12-02-2009 22:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0