Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu |
|
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu! |
|
A TRIPULACIÓN |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL |
|
Como en cursos anteriores, o EDLG do centro convocou o concurso de postais de Nadal. Este ano as gañadoras foron:Carmen Castro Recamán de 1º ESO A (mellor postal na categoría A), María Portela Gómez de 4º ESO B (mellor portada), Ana Mariño Soage de 4º ESO B (mellor postal na categoría B) e Carla Ferradás Villanueva de 1º ESO A (mellor texto). Parabéns a todas elas!
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|