Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

QUE TEMPOS AQUELES (X)!
Aí vos vai unha neniña que vai ser un pouco máis difícil de descubrir. Apresurádevos que vos queda pouco tempo...
Comentarios (12) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 16-06-2009 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (IX)!
Como estivestes tan rápidos coa foto anterior, propoñémosvos unha un pouco máis difícil. Este neno tan riquiño anda polo centro só algúns días da semana. A ver se dades con el.
Comentarios (7) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 02-06-2009 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (VIII)!
OLA ENXEBRES!
Como a anterior foto vos deu moito traballo, propoñémosvos agora unha moi fácil e cunha importante pista na propia imaxe. A ver que vos parece...
Comentarios (4) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 28-05-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (VII)!
Ola enxebres!
Como vemos que a última foto vos custou bastante traballo, propoñémosvos unha un pouco máis fácil e ademais regalámosvos unha pista: debedes relacionala con varias das persoas que xa saíron. Fácil, non?
Comentarios (12) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 06-05-2009 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (VI)!
Ola outra vez!
Aí vos vai outra foto misteriosa. Se vos fixades ben na cariña desta moza, non vos vai ser nada difícil. Animádevos e participade!
Comentarios (16) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 16-04-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (V)!
Ola enxebres!
Como Carmen Miñambres foi moi fácil de descubrir, agora propoñémosvos unha un pouco máis difícil. Fixádevos ben e non vos despistedes.
Comentarios (9) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 01-04-2009 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (IV)!
Ola outra vez!
Como a anterior foi un pouco difícil, agora propoñémosvos unha moi sinxeliña. A pista máis evidente está na propia foto, así que abride os ollos.
Comentarios (33) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 13-03-2009 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (III)!
Ola detectives!
Aí vos vai outra mociña para ver se dades con ela. Estade tod@s atent@s, que seguro que a coñecedes na ESO, no Bacharelato e en PCPI.
Comentarios (9) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 02-03-2009 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES! (II)
Ola detectives!
Este mociño non precisa pistas. Podedes atopalo por aquí todos os días a case todas as horas.
Fixádevos ben e pronto o descubriredes.
Comentarios (14) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 12-02-2009 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES! (I)
Aínda que ás veces non o pareza, os profes teñen pasado e tamén foron uns inocentes nenos. Nesta sección iremos presentando fotos para que os recoñezades. A ver quen descobre a primeira.
Por se a cousa se pon difícil, aí van un par de pistas:
1. Para descubrila tedes que facer memoria, pois xa non anda por aquí
2. Seguro que para o alumnado de ESO será máis fácil


Agudizade a vista e aproveitade a axuda, que o próximo será máis difícil!

Esperamos as vosas respostas.


Xa temos o primeiro detective enxebre!
Acertou Carlos (de 2ºESO), pois efectivamente é Gloria Lamas, a profesora de Matemáticas que substituíu a Puerto e marchou hai unhas semanas.
A ver quen vos parece o segundo...
Comentarios (23) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 04-02-2009 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0