Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

HOXE ACTÚAN OS COMEDIANTES ANÓNIMOS
Hoxe ás 21 horas temos unha cita cos nosos Comediantes Anónimos no Auditorio de Cangas. Representan "A Illa Amarela", peza que estrearon a semana pasada dentro da Mostra de Teatro do Ensino Secundario.
Convidámosvos a asistir (a entrada só custa dous euriños) e a botar unhas risas.
Comentarios (3) - Categoría: COMEDIANTES ANÓNIMOS - Publicado o 07-05-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO GRUPO DE TEATRO
OS TEATREIROS DO INSTITUTO:
O grupo de teatro do IES. Johan Carballeira leva moitos anos a funcionar. Nestes momentos diríxenos Francisco Paredes, un actor galego. Pero xa antes nos dirixiron máis persoas como: Asunción Sóñora (a nosa directora).
CANDO EMPEZA TEATRO?
Comediantes anónimos empeza en Outubro ou a finais de Setembro.
QUE FACEMOS EN TEATRO?
Case toda a xente, por non dicir toda, diría TEATRO, daríalle a razón, pero no seu debido tempo.
1º: Facemos xogos que nos axudan mellor a desenvolvernos, máis cando estás facendo teatro.Máis ou menos estamos un mes e medio con isto.
2º: O noso director Fran danos os guións, lémolos e intentamos entender de que vai a obra, unha vez que entendemos comezamos.
3º: Estamos ensaiando con algunha gargallada polo medio ata abril, que é cando empeza a Mostra De Teatro.
QUE É A MOSTRA DE TEATRO?
A Mostra de Teatro comezou fai catorce anos, a primeira mostra de teatro fíxose no noso instituto.
Na mostra de Teatro unímonos os institutos nun instituto que participamos. Por exemplo: o ano pasado, a Mostra celebrouse no IES As Barxas (Moaña). Alí cada instituto fai a súa representación teatral; por exemplo: o ano pasado o noso grupo de teatro arrasou no IES. As Barxas coa obra que fixemos ?Opera Pánica?.
E MOI FÁCIL APUNTARTE, NOS COMEZOS DE CURSO SEMPRE POMOS CARTEIS
PARA O CURSO QUE VEN ANIMÁDEVOS!!!!!!!!!
MIGUEL ÁNGEL MARTÍNEZ OTERO

Comentarios (5) - Categoría: COMEDIANTES ANÓNIMOS - Publicado o 04-02-2009 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0