Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MARATÓN POLA LINGUA GALEGA

A canle televisiva Irmandade TV pasou polo noso centro e entrevistou a alumnas e alumnos do noso equipo. A súa intención é a de crear un programa de enquisas de 12 horas de duración, "Maratón pola lingua galega", no que se intenta averiguar as causas que provocan o problema cada vez máis agudo da perda de galegofalantes.
Estaremos á expectativa da retransmisión desta gravación que se prevé que sexa nos vindeiros días polo seu facebook, e ao parecer tamén a través da compañía R e algunha emisora local.
Comentarios (0) - Categoría: ENTREVISTAS - Publicado o 25-03-2015 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
PRESUME DE GALEGO

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega está a facer unha campaña titulada "Presume de Galego" dende diversos centros de ensino de Galicia.
O propósito é dar a coñecer a marabillosa fonética das mozas e mozos galegofanlantes dos distintos sitios do noso país.
O Johan Carballeira tamén se fai escoitar a través das voces dalgúns dos seus alumnos e alumnas. Podes comprobalo (de momento só sae o comentario de Isaura Framil de Amorín, de 2º ESO B) no seguinte enlace.

PRESUME DE GALEGO

De todos os xeitos tedes a continuación as gravacións que se fixeron acerca deste tema.

O galego da costa e o de interior from educarte on Vimeo.

Un galego en Tenerife from educarte on Vimeo.

Untitled from educarte on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: ENTREVISTAS - Publicado o 21-03-2015 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTA A ANXO ANGUEIRA
ENTREVISTA A ANXO ANGUEIRA
- De onde é vostede exactamente? Nacín nunha aldea de San Xián de Laíño, no concello de Dodro, que está na terra de Iria.
-A que anos empezou a recitar? Eu estaba estudando no instituto de Padrón e tiña de profesor a Bernardiño Graña, que é un gran poeta e un gran recitador e foi o meu mestre nos anos de mocidade. E foi cando empecei a facer os meus poemas e tamén a recitar, claro.
- Dedicouse toda a súa vida a recitar e a facer poesía? Non. Fixen máis cousas, pero o de recitar sempre me gustou. Eu recito todos os días e tamén son profesor de Literatura Galega. Traballo con elas todos os días, entón sempre me gustou que os alumnos máis que aprendesen nomes de libros, nomes de autores, datas... coñecesen a poesía en particular e o recitado.
- Como se lle ocorreu ir polo camiño da poesía e do recitado? Pois sufrín unha chamada naqueles anos da mocidade. A min gústame moito a poesía, é un xénero difícil, pero tamén cando hai unha gran poesía chega á xente e tamén é unha forma de relacionarse. Para min a poesía é comunicación.
- Como escolle os poemas que recita?Depende. Hoxe, por exemplo, non me deu moito tempo facer referencia a varios escritores-as de Galicia, á parte de Rosalía de Castro, porque para min Rosalía de Castro é fundamental.
- Algunha vez recitou noutro idioma que non fose o galego? Non recordo, porque cando vou por aí a Alemaña, a Brasil ou algún sitio sempre recito en galego.
- Pasoulle algunha anécdota ou algo raro mentres recitaba? Pois algo raro. Unha vez recitando en Vigo eu estaba falanfo dunha neniña que tiña catro anos e esa neniña estaba alí con oitenta e nos sei cantos anos. A meniña da que eu estaba falando mentres recitaba estaba alí e iso foi algo que me emocionou moito.
- Cal é o seu poema favorito? Un de Rosalía de Castro, a ?Alborada?, e tamén o da costureira.
- Ben, pois moitas grazas por vir ao noso instituto e por dedicarnos uns minutos. A vós

ENTREVISTA REALIZADA POR DIANA CURRA E MARGA GARCÍA
Comentarios (1) - Categoría: ENTREVISTAS - Publicado o 04-02-2009 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0