Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CRÍTICAS DE LIBROS
EL VELO PINTADO de W. Somerset Maugham
El velo pintado conta a historia dunha moza, Kitty, que casa cun bacteriólogo, Walter, sen querelo. A parella marcha a vivir á China, onde Walter traballa. Porén, unha vez alí, Kitty coñecerá un home (C. Towsend, vicesecretario colonial) co cal enganará o seu marido. Cando Walter descobre o sucedido decide que tanto el coma Kitty se trasladen a unha rexión do país que se atopa afectada polo cólera.
Recomendo este libro porque considero que é bastante bo e, ademais, é distinto do que habitualmente nos mandan ler na clase, xa que El velo pintado está ambientado nun espazo exótico, non trata o amor dende un punto de vista idealizador e amósanos o tipo de educación que recibía a muller de clase alta nunca época na cal o matrimonio era a única ferramenta para cambiar a vida.
Para os que viron algunha das películas baseadas no libro, hai que dicir que o libro é moito mellor e que as películas non son moi fieis.

COUSAS de Alfonso Castelao
O libro está composto por 44 relatos moi breves que tratan temas como a emigración, a pobreza, a fame, o atrasa de Galiza, a opresión das clases baixas e dos marxinados por parte da fidalguía e dos novos ricos de América...
Creo que todo o mundo debería ler este libro xa que non leva moito tempo, os relatos son moi sinxelos de entender e moi entretidos e ademais amosan a situación na que se atopaba Galiza non hai moito tempo.
ANA SANTOMÉ, 1º BACH-C
Comentarios (0) - Categoría: CRÍTICAS DE LIBROS - Publicado o 20-04-2009 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
CRÍTICAS DE LIBROS
Un libro que vos recomendo que leades é Pel de lobo. Foi escrito por Xosé Miranda e gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2002.
É un libro de misterio. Trata sobre un pai e un fillo que se dedican a matar lobos normais, pero un día chámanos do Incio para que vaian cazar un lobo enorme que come a xente. Tras investigar danse conta de que hai dous lobos enormes, e que en realidade son dúas persoas cercanas a eles, que se converten en lobos por culpa dun feitizo que lles botaron.

MANUEL




A canción de Sálvora non foi o que esperaba. Pensei que ía ser un relato de intriga pero resultou ser unha auténtica cursilada. Unha historia de amor entre unha cantante uruguaia e un mariñeiro de Sálvora. Non volo recomendo.
KAISER


Los tigres de Mompracem é unha novela escrita por Emilio Salgari. Nela relátanse as aventuras de Sandokán, o Tigre de Malasia, e dos seus leais amigos polo mar de Malasia.
Viaxes, batallas e moitísimas mortes para capturar a muller máis fermosa que xamais se viu e convertela en esposa do Tigre de Malasia e raíña de Mompracem.
Recoméndovos que o leades.
MANUEL





Comentarios (2) - Categoría: CRÍTICAS DE LIBROS - Publicado o 04-02-2009 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0