Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VERBAS PARA O CORRELINGUA
Coma todos os anos levaremos ao Correlingua a nosa camiseta cunha verba galega.
Podedes inspirarvos nas que pintamos para o Correlingua 2015.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2017 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
EU SON ROSALÍA
Como ben sabedes o 24 de Febreiro é o Día de Rosalía.
No vestíbulo do centro tedes un photocall no que podedes fotografarvos cunha careta da nosa poetisa. Podedes elixir algunha das que xa están feitas, ou tedes tamén a oportunidade de tunear o modelo exposto e así participar no concurso "Qué Rosalía é a máis orixinal?".
Enviade as vosas fotos á dirección de correo:
artesplasticascarballeira@gmail.com

ANTES DO VENRES 3 DE MARZO.

Non esquezades poñer o voso NOME E CURSO.


Sabedes QUEN É QUEN?:


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-02-2017 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
A ARTE DA PAZ

Para o Día da Paz o EDLG e o departamento de Artes Plásticas, en colaboración con BiblioCarballeira e Titorías elaboraron esta versión do famoso cadro Guernica, que ben sabedes é de Picasso.
A actividade titulouse " A Arte da Paz" e pediuse ao alumnado que pescudara imaxes, na hora de titoría, de obras de arte relacionadas coa paz. O día 30 de xaneiro pegamos esas imaxes nalgunhas das figuras que se representan no cadro. Acompañouse con textos feitos polo Equipo de Biblioteca onde se explicaba a simboloxía dos personaxes que Picasso pintou nesta obra tan emblemática.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2017 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Guías de lectura 2016/17
Coma todos os anos, por estas datas, animámosvos a que merquedes GALEGO, agasalledes GALEGO, vivades GALEGO.
Aí van as nosas suxestións.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-12-2016 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
SAMAÍN 2016
Benvidas e benvidos a este novo curso!
Coma todos os anos, chegada esta data sabedes que imos celebrar o SAMAÍN.
Animádevos a participar no concurso de cabazas e presentade en vicedirección a vosa cabaza "tuneada", antes do 27 deste mes.
Por suposto que tamén nos disfrazaremos o día 28 de OUTUBRO na hora do recreo cada cal coa súa personaxe que lle pareza mais terrorífica!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2016 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
FELIZ VERÁN!
Feliz verán a todas e a todos!
Que teñades unhas boas vacacións e veñades coma sempre con moita ilusión e ganas de aprender e divertirse.
Se queredes ver as fotos de Allaríz, consultade a FOTOGLOBOTECA. Saudiños!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-07-2016 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA 2016

Hoxe, 24 de febreiro, "Día de Rosalía" querémonos sumar á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, (AELG), enviando ás 11,15 horas dende o noso móbil, #mobilizarosalía
o seguinte texto:
TROCANDO EN SORRISAS/
QUEIXIÑAS E CHOROS.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2016 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
GUÍAS DE LECTURA
Para que non vos aburrades nestas vacacións aí van unhas suxestións que elaboramos dende os EDLG do Morrazo. Disfrutádeas!



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-12-2015 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
25 de NOVEMBRO, Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres

Estes son os carteis premiados no XIII Concurso de Carteis Contra a Violencia de Xénero, convocado polo CIM do Concello de Bueu. Noraboa ás gañadoras e ao gañador!

Tedes tamén unhas cancións que falan da importancia da liberdade que as mulleres debemos e deberiamos ter nas nosas vidas.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2015 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
BENVID@S A ESTE NOVO CURSO 2015-16 EN GALEGO!

Noraboa a todas e todos que formades xa parte do noso equipo!... (Tamén hai sitio para aqueles e aquelas que aínda o estades pensando).

Lembrade que os comunicados e convocatorias de reunións estanse anunciando na cortiza situada ao carón das escaleiras.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2015 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0