blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

26 de setembro Día europeo das Linguas

Proposta de traballo:
O IDIOMA É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO
Comentarios (0) - Categoría: AS LINGUAS DO MUNDO - Publicado o 25-09-2019 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Un sentimento de Liberdade

"Un sentimento da liberdade" será o lema deste curso 2019/20. Despois de analizar na aula os textos:
Por que as linguas nos fan humanos?
Por que a lingua nos fai universais?
Por que temos dereito a ser diferentes?
Imos abordar hoxe a relación que ten a lingua coa liberdade:


" O galego culto que hoxe se exprese en galego, por ese só feito demostra levar na alma un nidio sentimento de liberdade; un nobre afán de asolagar a súa intelixencia nas augas vivas do traballo enxebre, co fin de lles dar o tempero preciso para que poidan fecundar mortas terras, cheas de lixos de escravitude, trocándoas en viveiros de vizosa democracia.

...Eses que viven de costas ás orixes dificilmente poderán redimirse da servidume do mimetismo. Que cousa máis orixinal que a lingua dun pobo, xerada por accións e reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo?
"

Antón Vilar Ponte, Pensamento e sementeira.

1- Que relación ten a liberdade coa nosa lingua? Falar galego representa un compromiso, por que?

2- Explica as metáforas contrapostas da liberdade e da escravitude neste texto.

3- Como podes traducir coas túas palabras ?redimirse da servidume do mimetismo?.

4- Por que parece tan importante ser orixinais no universo?

5- Ponlle un título a este texto.



Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 22-09-2019 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0