Hai alumnos/as que teñen pendente ben unhas lecturas, ben parte da materia do curso. para eles imos indicar que o que deben preparar e a continuación para este últimos unhas probas modelo semellantes ás que deben superar o próximo 4 de setembro ás 9 da mañá.
Para alumnos/as que teñen pendentes a 1ª, 2ª e 3ª avaliacións:
TEMAS do Libro: 1ª/ temas 1-2-3-4
da 2ª/ 5-6-7-8 e a lectura 2ª
e da 3ª/ 9,10,11 ,12 LETRAS Galegas: Paz Andrade.
Deben traballar co léxico de todos os temas citados.
Prácticas: Xénero e número en substantivos e adxectivos. Determinantes e colocación dos pronomes (páx. 144-145-146 tema 8 do libro e apuntamentos). Complementos directo e indirecto e circunstancial, adverbios e preposicións.
Prácticas cos exercicios de escribir ben e signos puntuación dos temas citados. Repaso dos verbos 180-181-183 e do apéndice do libro.
Literatura popular e xénero narrativo. Xénero lírico e teatral (ver apuntamentos de clase).
Lecturas obrigadas: Suso Espada ?Nota Roja? de Fco. Fernández Naval (Everets).
Violeta Tamurana, Andrea Maceiras (Baía edicións)
Destas dúas lecturas deberá presentar un pequeno traballo de resumo (capítulo a capítulo).
Para alumnos/as que teñen pendente a 2ª e 3ª avaliacións:
TEMAS do Libro: temas da 2ª 5-6-7-8
e a lectura 2ª e terceira 9,10,11 ,12 LETRAS Galegas: Paz Andrade e o Himno.
O léxico de todos os temas citados.
Prácticas: Xénero e número en substantivos e adxectivos. Determinantes e colocación dos pronomes (páx. 144-145-146 tema 8 do libro e apuntamentos). Complementos directo e indirecto e circunstancial, adverbios e preposicións.
Prácticas cos exercicios de escribir ben e signos puntuación dos temas citados.
Literatura popular e xénero lírico.
Xénero lírico e teatral (ver apuntamentos de clase).
Repaso dos verbos 180-181-183 e do apéndice do libro.
Lectura obrigada: Suso Espada ? Nota Roja? de Fco. Fernández Naval (Everets).
Desta lectura deberá presentar un pequeno traballo de resumo (capítulo a capítulo).
Para alumnos/as que teñen só a 2ª avaliación pendente:
TEMAS do Libro: Unid. 5-6-7-8 . O léxico de todos os temas citados.
Prácticas: Xénero e número en substantivos e adxectivos. Determinantes e colocación dos pronomes (páx. 144-145-146 tema 8 do libro e apuntamentos).
Prácticas cos exercicios de escribir ben e signos puntuación dos temas citados.
Literatura popular e xénero lírico.
Lectura recomendada: Cando petan na porta pola noite, de X.P. Docampo (Xerais)
Para alumnos/as que só teñen LECTURAS OBRIGADAS PENDENTES
Deben ler, en primeiro lugar, as lecturas obrigadas ao longo do curso. Destas lecturas fixemos nalgún caso traballos, noutros probas de lectura das que, ademais de dar un prazo lóxico para ter lido o libro, repetimos ditas probas (tanto na 2ª como na 3ª avaliación) para darlles a oportunidade de rematar ditas lecturas. Tocará ler agora no verán e presentarse en setembro á proba de lectura do libro obrigado indicado máis abaixo, ademais de presentar un traballo resumo sobre unha das lecturas recomendadas.
Lecturas obrigadas: Suso Espada ?Nota Roja? de Fco. Fernández Naval (Everets).
Lectura recomendadas:
O hobbit de J.R.R. Tolkien (Xerais).
Dragal II: A metamorfose do dragón, de Elena Gallego Abad (Xerais).
PROBAS MODELO PARA SETEMBRO
A continuación colocamos aquí modelos de probas por avaliacións. Todas as probas de recuperación de setembro terán unha estrutura semellante ás que tivemos durante o curso nas distintas avaliacións.
No caso das probas dos libros de lectura, das que non colgamos probas, tamén seguirán os modelos realizados durante o curso que coñecen os alumnos/as implicados.
PROBA MODELO DA 1ª AVALIACIÓN
1- O NOME DAS COUSAS: Ponlle nome aos números da ilustración ( por exemplo: unha rúa dunha cidade.
2-Enumera e explica brevemente os elementos dun texto narrativo como por exemplo unha novela como Dragal.
3- LITERATURA: Define os tres xéneros literarios tanto na forma como no contido que os caracterizaseguindo o explicado na aula ( apuntamentos)
4-A LINGUA POR DENTRO: Tipos de substantivos e pon dous exemplos de cada.
5-Escribe o artigo determinado esixido por cada un dos seguintes substantivos:
__ cabotaxe __ mel ___laranxeira __ ponte __ cume __ análise
__ crise __ paréntese __ diabetes __ friaxe __ nariz __ cárcere
__ sangue __ sal __leite __garaxe __ paxe __ romaxe
__ hepatite __diadema __dor __ arte __ calor __ orde __árbore __servidume __ costume __limoeiro __ marxe __suor __ sinal __orixe__ til __ pa __croio __mar __lentes __con __beiramar __preamar ___áncora
6- Pon o plural dos seguintes substantivos e deduce a regra de formación do plural. Fíxate e segue o exemplo:
- Café (singular rematado en vogal) café-s (plural engade ?s)
Lei ( singular rematado?
Xamón ou robot (singular
Tórax ( singular
Colar ou xuíz ( singular
País ou mes (
Lapis ou luns (
Gol ou móbil (
Sinal ou xabaril (
Ollomol ou parasol (
7- Escribe o feminino das seguintes palabras:
Irmán:_______temperán:__________folgazán:___________cristián:_________ourensán:_________arousán:_______
Castelán:________humano:__________anano:_________pillabán:____________nugallán:__________alemán:_ ______
Lacazán:___________mentirán:_________elegante:_________xudeu:__________vampiro:___________xenro:_______
8- ESCRIBIMOS BEN: Ponlle til ás palabras que o precisen:
a) Compre que maña chamedes a Anton por se quere sair connosco. Se cadra logo ven a xogar as bolas.
b) Dixeronme que fora a casa de Ramon e que agardase fora ata que chegase el. Debia traer unha bola de pan.
c) Alguen esta agardando a sua resposta. Logo ves e ves que tipo de pregunta e esta.
d) Cando fomos de excursion, vimos un esquio nunha arbore que habia preto do muiño. Logo vin un oso pardo.
e) O portavoz dos alumnos falou co profesorado seriamente.
f) A viuva sabia mais do que dicia, pero as veces compre non ter tanta presa. Ela e moi apurada, mais onte non.
9- Pon til ás palabras que o precisen: Habilmente, ingles, balonman, portalampadas, fixena,
lua, saida, tunel, lider, textil, heroe, sua, transeunte, miudo, lapis, dificil, paxaro, medula, olimpiada,
misil, vertixe, parasito, acne, reptil, periodo, omoplata, atmosfera, teorico-practico, collenolos, vaiven.
10. LINGUA E SOCIEDADE: As linguas do estado español e o plurilingüismo (un texto mínimo de 10 liñas).
PROBA MODELO DA 2ª AVALIACIÓN
1- Os nomes das cousas: Do baño á cociña. Coloca nome aos números que aparecen nas ilustracións.
2- A LINGUA POR DENTRO: CONXUGA modo presente, pretérito e futuro de indicativo do verbo: ANDAR
Presente de subxuntivo de: OBEDECER
3-Tipos de pronomes e escribe un enunciado con cada un.
Define e explica : Diferenza entre adxectivos determinativos e pronomes.
4-Logo identifica nos seguintes enunciados tipos de adxectivos determinativos e pronomes:
Fixo outra casa
Noso pai e o meu.
Dúas persoas e algúns animais.
Cadaquén é cadaquén.
Viñeron só tres.
Alguén quere algo?
Vive no primeiro andar.
Quen quere máis?
5- ESCRIBIMOS BEN: Pon signos de puntuación e acentos ao seguinte texto: Cópiao e puntúa de novo.
Din que a poesia e para os romanticos porque a sua tematica e sempre o amor non e certo o texto de celso fdez sanmartin e so un exemplo a poesia alimentase do cotian e tamen de sucesos aparentemente pouco importantes o que converte ese acontecer en poema e a mirada do poeta ou da poetisa todos ti tamen temos unha mirada persoal.
6- LITERATURA: Define xénero lírico e as súas características.
7-Indica que tipo de rima e medida teñen os seguintes versos:
No poema localiza unha personificación e unha hipérbole.
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sen querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira,
agora teño media vida.
Rosalía de Castro.
8- Que son unha metáfora e unha ironía. Pon un exemplo de cada.
9- Características dun CONTO:
10-LINGUA E SOCIEDADE: Que é un prexuízo lingüístico.
Comenta porque son prexuízos os seguintes:
a) Afirmar que o galego é un idioma de brutos.
b) Falar galego é de mala educación se os demais non o falan.
PROBA MODELO DA 3ª avaliación
1-O nome das cousas. A miña habitaciónou o corpo humano.
2-Define xénero teatral e un monólogo.
3-Cadro dos pronomes átonos.
4-Colocación do pronome átono excepcións (pon exemplos).
4- A LINGUA POR DENTRO: Coloca correctamente ?te? ou ?che?:
Quizá__faga ____ unha festa.
Xa ____ dixo ___ que non ____ quería.
____Recitou___ un fermoso poema .
Sempre ____estás ___ a rir de min.
Fernando veu para ____dar ____algo.
____Esperei___ máis de tres horas
Quen ___chamou____ hai dúas horas?
5-ESCRIBIMOS BEN: Escribe V ou B:
_asoira , _iaxe, a_ogado, _oda,
_oar, _óla, imposi_le, _ol_oreta, _arrer, _aleiro, chu_asco,_eira, _illa,
a_ó, co_arde, gra_ar, _ermello, _acina, mó_il, _aranda, estri_eira.
- ORTOGRAFÍA completa coas letras correctas para o galego as seguintes palabras: s/x/ ll/i
E_cavar, e_posición, e_ame, e_i _ir , e_traño, e_tender, e_to_o, e_tran_eiro, no_ento, e_cesivo, _enro.
baca_au, ensa_o, pra_a, fa_ado, ma_onesa, pa_aso, bara_a, ma_o, _ogur, a_eo, ata_o, bo_a, sa_a, ra_a.
6- Substitúe o subliñado por pronomes átonos. Exemplo: Mercou un coche ao seu pai. Mercoullo
a) Fíxo a pregunta a Clara o + lle = -llo
b) Gardou o lapis no estoxo.
c) Chamou a atención a nós.
d) Comprei uns libros para os meus pais.
e) Pregunta a dirección aos policías.
f) Conto un conto para ti.
7-Indica se hai suxeito ou non E logo no predicado distingue os complementos directo, indirecto e circunstancial.
Indica nos casos que non leva suxeito cal é o motivo.
Xoán fixo unha merenda para os amigos. Nevaba nas altas montañas daquel país.
Fixeron tres contos para os nenos pequenos. O pirata gardábanos un tesouro no barco.
8-Que diferenza existe entre unha oración simple e outra composta ( pon un exemplo).
9-CONXUGA: Presentes de indicativo de SEGUIR, PEDIR, DURMIR, e o presente de subxuntivo de CAER.
Escribe despois as seguintes formas verbais:
SENTIR: 1ª persoa sing. de Presente Indicativo:_________ 2ª persoa sing. de presente de Indicativo_________
SUBIR: 1ª persoa sing. de Presente Indicativo:__________ 3ª persoa plural do presente de Indicativo:_________
CONSTRUÍR: 1ª persoa sing. de Pretérito Indicativo:___________1ª persoa sing. Presente de Indicativo:___________
CONDUCIR: 2ª persoa plural de Antepretérito :_____________ 3ª persoa sing. Pospretérito:_______________
OIR: 1ª persoa de plural Copretérito:________________ 1ª persoa sing. Presente Indicativo:___________
10-Texto argumentativo (10-15 liñas) sobre o seguinte tema a escoller:
A) Por que é necesaria a Normalización dunha lingua.
B) Paz Andrade un político e empresario exemplar con Galicia como tarefa.
|