Para os alumnos/as que deben realizar as probas de recuperación traballaremos especialmente cos contidos que entraban na 3ª avaliación que xa incluían elementso de repaso como son:
- A colocación dos pronomes átonos
- Os verbos regulares e irregulares
Este ano o Día das Letras celebra a un autor de Valdeorras: Florencio Delgado Gurriarán:
CUESTIONARIO SOBRE a VIDA e A OBRA de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
1- Onde e en que ano naceu?
2- Que é o exilio?
3- Cal foi o motivo do seu exilio? Onde estivo exiliado?
4- Lembra que el é un poeta hilozoista que significa que dá voz á alma da paisaxe, faino coa personificación dos elementos que constitúen a paisaxe. Localiza e explica as personificacións nestes dous exemplos tirados dos versos do seu libro Bebedeira: O ventiño namorouse
da rosa dunha roseira.
Negoulle a roseira a rosa
e o vento fuxiu con ela.
Casou don Godello
con dona Mencía
e van pór a casa
polo “ val das viñas”
5- Florencio dise que é o cantor de Valdeorras por que? En que libros ten moi presenta a paisaxe e a fala desta comarca?
Valdeorras
Miña noiva
Miña terra;
Á beira do Sil deitada,
Para ollar a túa beleza
do mesmo xeito que a “ Venus
do espello”, nel se contempla.
6- Florencio tamén é un poeta civil, das libertades e combativo. O seu libro Cancioneiro da loita galega inicia esta temática, cal foi a causa que provocou este poemario?
7-A nova etapa da vida que inicia en México ten os seus froitos literarios, que libro escribe en 1963 como se reflicte ou se entende a galeguidade nesta obra?
8- Dise que Florencio foi unha ponte entre os galegos que vivían en Galicia e os galegos do exilio ou emigrados. Que ten isto que ver coa revista Vieiros?
9- Co libro Cantarenas escrito en 1981, o autor comeza un regreso a que lugares e a que estilo?
10- Explica o fío condutor do seu derradeiro libro.
11- Que son os prexuízos lingüísticos? Cal é o tema que trata nos seguintes versos?
Volten, de Valdeorras, os nomes xenuinos:
Non máis “Correjanes” nin “vega Molinos”;
sín Veiga Muiños e máis Correxais,
pois xa os “castrapismos” están por demáis
O crego da aldea
do inferno a berrar
pra meterlle medo
ao pobre aldeán
FALA CASTELÁN.
O señoritiño
da vila de Tal,
con vento na testa,
sen calos na man,
FALA CASTELÁN.
12. Florencio morreu en América, en que ano? Como volvería ao pobo natal?
¡Quén, no teu tépedo colo,
pra sempre acougar poidera!
¡quén poidera, cos teus brazos,
cinguirse en eterna aperta!