 Hoxe recibimos na aula a Xosé Tomás un dos máis destacados ilustradores e creadores de banda deseñada do momento. O obxectivo non era pequeno: un achegamento ao mundo do mal chamado cómic. Tivemos a oportunidade de saber proque esta palabra, cómic, non é a que mellor define á banda deseñada. Soubemos da importancia dos silencias nas tiras deseñadas, da versatilidade das viñetas, do uso dos globos e deltas, da importancia dos planos, da conexión da banda deseñada co mundo cine, de como escoller e ou construír personaxes. fíxonos varias recomendacións, aconsellounos de xeito práctico con múltiples debuxos realizados en directo, animounos a debuxar e a ser quen de tentar coller o lapis e dar forma a unha idea calquera, viu e comentou numerosas viñetas feitas por nós... pero, sobre todo, aprendemos que nós temos un gran potencial creativo que explorar e compartir.
Graciñas Xosé Tomás por tanto en tan breve tempo!!
Si, tamén estivo na Biblioteca onde, ademais de deixar un pequeno agasallo para todos nós, amosounos como foi e cales foron as claves dun longo e traballoso proceso creativo dunha das súas últimas producións titulada NÓMADES. Podedes ver unha reportaxe do seu paso polo centro no blog da Biblioteca de Secundaria. |