blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LETRAS GALEGAS 2010
UXÍO NOVONEYRA: POETA DO COUREL, POETA DE COMPOSTELA, POETA DO MUNDO.

Uxío Novoneyra(1930-1999) é o poeta do Courel, mais tamén de Compostela, é dicir de Galicia. Esta duplicidade faino poeta do rural e da paisaxe, pero tamén poeta social e urbano, cunha tendencia ineludible cara ao universal, pois como o camiño a Compostela, o poeta síntese no camiño do humanidade, poeta social por compromiso coa lingua propia, co home, coa liberdade.

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home?
Os Eidos.

1- Un home do COUREL (Biografía).

2- Poeta consagrado: Os EIDOS e a poesía da
metapaisaxe.


Novoneyra, é un poeta que se recrea unha e outra vez no seu primeiro libro: Os Eidos (1955). Un poeta que fala da terra, da paisaxe, da natureza e do home fronte a ela. Flora, Fauna, topónimos da serra, os nomes dos cumes e das paraxes, das fontes e das aldeas.
Novoneyra foi un poeta que nos anos 50 será considerado un poeta dos clásicos, e con 25 anos foi consagrado e coñecido en todo os ámbitos culturais, e impulsado pola Editorial Galaxia que dirixía, como modelo de poetas que non viviron a guerra e falan de Galicia da súa terra a través da paisaxe capaz de reflictir os seus sentimentos, que son a confirmación da renovación da literatura galega tras da guerra civil do 36 e en plena ditadura de Franco.



3- Poeta social: Do COUREL a COMPOSTELA.
O compromiso social de Novoneyra co pobo galego é froito da realidade
sociocultural de Galicia que viviu o autor. O poeta, fillo de labregos,
nace en 1930 e, polo tanto, de neno viviu a Guerra Civil e a represión
tras a ditadura. Esta vivencia reflíctese nunha das súas máis grandes
obras, a chamada Letanía de Galicia. Esta obra está escrita para ser recitada
como unha ladaíña ou un rosario pola Galicia oprimida polo franquismo. Unha vez máis, temos unha das
características da poesía de Novoneyra, que é que moitas veces debe
ser representada ou mesmo cantada.



A década dos 50 supón un afianzamento da palabra como arma contra
as inxustizas sociais
. Aires de solidariedade cos que sofren percorren
as páxinas poéticas en galego. Porén, a nosa literatura vence
o seu primixenio carácter localista con respecto á poesía de denuncia.
Os autores de mediados do século XX deseñan un discurso
máis universal e, sen deixar de lado os problemas especificamente
galegos, serán voceiros tamén da dor doutros pobos que sofren a
opresión imperialista
e capitalista. Novoneyra non queda á marxe
destas preocupacións e préstalles a súa voz aos oprimidos deste
mundo. A súa denuncia recolle a indignación ante o masacre norteamericano
en Vietnam ou a preocupación xeral diante do golpe
de estado en Chile.
Uxío viviu estas experiencias dende unha perspectiva antiimperialista e
creou as composicións ?Pranto polo Ché? e o máis famoso ?Vietnam canto?.
O maior conflito acontecido neste período da Guerra Fría seguramente
sexa a chamada guerra do Vietnam, entre o Vietnam do sur, apoiado por
EEUU, e o Vietnam do norte, comunista e apoiado pola URSS. Os EEUU usaron
unha forza desmesurada para tratar de dobregar o inimigo, pero non
puideron facelo e abandonaron a contenda definitivamente no ano 1975.

ACTIVIDADES:
Procura o texto do poema: Vietnam canto para despois de lelo indicar que é o que máis te chama a atención deste poema.

4- Poeta da Fala oriental. O compromiso coa Lingua.

Uxío Novoneyra foi un home moi comprometido coa realidade galega,
?verbo verdadeiro que fala o pueblo?, e un personaxe singular que non
deixou indiferente a ninguén.
Dende a Asociación de Escritores en Lingua Galega, promoveu a defensa
do idioma, como signo de identidade e de orgullo, fronte ao rexeitamento
que xeraba o galego durante a ditadura, como lingua de clase baixa:
?Lingua que rexeitaron os meus pais?
A mediados do século XX, se un escritor optaba por expresarse en galego
estaba adquirindo un compromiso tinguido de todo tipo de matices
ideolóxicos.
Un compromiso cunha lingua totalmente relegada de usos públicos,
oficiais e relevantes; unha lingua que soportaba todo tipo de estigmas,
tópicos degradantes e, incluso, desprezos; unha lingua asociada ás clases
populares, obreiras e rurais; e, tamén, unha lingua de oposición manifesta
ao poder establecido.
Por iso, expresarse en galego xa supuña un posicionamento social en si
mesmo, á parte dun sinal de autoafirmación galeguista, así como de reivindicación
da propia identidade como pobo.

A súa linguaxe poética reproduce a fértil variante dialectal courelá, onde
a natureza sobrevive en eclosión estacionaria permanente e desde un
compromiso inequívoco coa lingua galega, que define como ?o único
sitio onde seguen vivos os antepasados
?

ACTIVIDADES:
Procura tres poemas onde se vexan distintas formas dialectais da fala do galego oriental que usaba Novoneyra.

5- Poeta existencial.

Así mesmo, en Os Eidos móstrasenos unha natureza que envolve o home ata convertelo en algo pequeno, insignificante, que é transcendido pola inmensidade da Paisaxe.Ese home é ?o camiñante que pasa?, consciente das súas limitacións e do
seu carácter efémero, mortal, finito do ser humano
. Esta característica fai que o home que
retrata Novoneyra exprese as súas dúbidas existenciais por medio de interrogacións
que quedan no aire, sen resposta... ?¡El pra onde vou??.
Ao mesmo tempo, no seu conflito interno entre o SER e o NON SER, o home
aférrase con forza ás súas esperanzas transcendentais: ?Teimo algo que
desminta a seguranza de que todo está perdido
?
Novoneyra propón certas actitudes do home diante do seu tráxico destino:

- INCONFORMISMO: ?Non podo non ser nin ser así?.
- INSEGURIDADE: ?Non temos nada que non se perda doadamente?.
- RESIGNACIÓN: ?Nada foxe ao final certo?.

O home, en definitiva, na poesía de Novoneyra é un ser ferido pola constante
presenza da morte
; unha morte que se enfoca nalgún caso como a
ausencia dun futuro cara ao cal avanzar, coma un inquietante estado de
estatismo perpetuo: ?Morrer é ficar morto?.


6- Poesía intimista.

No intimismo, a través de formas de expresión líricas subxectiva e persoal, o eu
poético interrógase sobre o amor e a súa
problemática
. Son as reflexións dun ser sobre o mundo e incluso a proximidade
á dor e á aflición que nacen da soidade, da morte.
O libro de Muller pro lonxe, dedicado a súa muller Elba, é no que mellor se percibe esta temática.

O intimismo en Novoneyra nace da súa vivencia telúrica no Courel, alí no
medio do monte elabora a súa visión propia da vida, do home e da natureza,
o que lle confire á súa obra unha dimensión, que a fai inseparable en
moitos casos, entre intimismo, poesía da terra e existencialismo.


7- Poeta innovador e outras producións.
Novoneyra soubo incorporar un gran número de recursos
innovadores
que floreceran nas diferentes correntes de comezos
do século XX.
Sen deixar a un lado o marcado carácter popular, vivencial
ou comprometido, Novoneyra foi capaz de potenciar a súa mensaxe
e de suscitar diversas emocións xogando co significante, coa forma dos poemas, por medio
das técnicas vangardistas máis eficaces ao respecto:
Novoneyra consegue, polo tanto, un uso moi significativo das maiúsculas,
dos espazos en branco, da separación entre letras ou do emprego de
diferentes tipografías
.
O emprego da caligrafía dálle a súa poesía unha beleza visual
que logra, deste xeito, para moitos dos seus poemas.

Incluso atopamos influxos neotrobadorescos, por medio dos cales o poeta
retoma recursos coma o paralelismo, o leixaprén e o refrán para lle
outorgar á súa creación poética un marcado ritmo popular ao máis puro
estilo das cantigas de amigo medievais.
A obra literaria de Uxío comprende dende a poesía visual e os caligramas,
ata obras de temática intimista, coma Muller pra lonxe, ou
existencialista, presente en case toda a súa produción. Asemade, na
súa obra están sempre presentes os xogos de palabras e o fonosimbolismo.

8- O camiño do soños do poeta.

Dicía Novoneyra:
? Grande é a soidade e por iso tamén grande é a tentación de pecharse a soñar. Ou de abrirse a soñar. E máis cando toda a segunda infancia, toda a adolescencia, toda a mocidade, ? as sete mocidades?, quedaron inscritas na Ditadura?

Xa está dito que soñar é crear. Máis cómpre reasumilo. Soñar é descubrir posibilidades certas. Case sempre soñamos posibles necesarios. Case nunca soñamos imposibles, aínda que só sexa por esa discreción que nos impón a Historia.
Posibles necesarios e difíciles. Difíciles só porque están en choque con intereses creados e coa simple inercia?

Un poeta pouco máis precisa se o alenta a plenitude interior. Se está ben asistido pola memoria individual, pola memoria colectiva, pola memoria profunda, polo soño do futuro, pola potencia da mocidade.

Os poetas gozamos e sufrimos dunha incurable mocidade. E máis se, por riba de todo iso, un ten un nó, o problema de pertencer a un pobo sen estado de patria-lingua ameazada. Entonces si que xa se xustifica toda a desmesura no soño e na renuncia por transformar o Mundo e salvar o Seu Común, o Noso Común.

Amais de estar posuído polo soño da plenitude humana e da liberdade, polo soño de cambiar o Mundo, un está secuestrado pola patria. E isto si que o pon en forte punto. E máis por tratarse dun poeta que é o ser máis dependente da propia Lingua.?


9- Novoneyra na literatura galega.

Os traballos e os días de Uxío Novoneyra from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.












Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 11-05-2010 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0