blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONTIDOS DO 3º AVANCE
UNIDADE 6
OS NOMES DAS COUSAS:
A comida páx. 126
A familia léxica páx. 127

GRAMÁTICA: Pronomes determinantes (II)
- Os pronomes cuantificadores, os identificadores, os interrogativos e exclamativos páx. 130-131

LITERATURA: A lírica: métrica e rima. Tipos de estrofas páx. 134-135.

UNIDADE 7
OS NOMES DAS COUSAS:
-A paisaxe páx. 148
-Os Tipos de Topónimos (blog e/ ou libreta)

LITERATURA
- Tipos de estrofas páx. 154-155.

UNIDADE 8
EXPRESIÓN: O diálogo. Características lingüísticas e ortográficas. Estilo directo e indirecto. páx. 165

OS NOMES DAS COUSAS
Os animais páx. 166
O campo semántico páx. 167

UNIDADE 9-10
O verbo. Conxugacións, lexemas e desinencias páx. 198-199
Verbos regulares e irregulares páx 218

GRAMÁTICA: OS VERBOS REGULARES e IRREGULARES
Podes consultar no libro do terceiro trimestre páxinas 275-277.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2021 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Os verbos regulares e irregulares en Galego

Para estudar e saber os verbos en galego é útil usar unha táboa para ver cal é a súa estrutura.

Dintinguiremos verbo Regular do Irregular polo seu lexema. Fíxate nas diferenzas entre un verbo regular e outro irregular
Regular: cant-o, cant-aba, cant-arei, cant-ei
Irregular: fag-o, fac-ía, fa-rei, fix-en

Consulta a táboa dos tempos e modos no verbo regular.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA GALEGA - Publicado o 26-04-2021 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
TIPOS DE TOPÓNIMOS: Recuperando os microtopónimos de Marín

TIPOS DE TOPÓNIMOS
Podemos establecer distintos criterios para clasificar os topónimos pola entidade (tamaño do territorio ao que se fai referencia) xa falamos de:
Macrotopónimos: Galicia, Pontevedra(provincia), Marín
Microtopónimos: Chan do Monte, A Suvidá, A Mouta…

Pero as tipoloxías máis usuais responden a:
A) Tipos de topónimos segundo o seu significado
B) Tipos de topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe

POLO SEU SIGNIFICADO
A) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo ao significado, usaremos a seguinte tipoloxía:

Oronimia ou orotopónimos: Referidos a xeografía ou forma do terreo (As Pedreiras, Arealonga, Penizas, Cantodarea, Mogor, Chan do Monte, O Montecelo, Seixo, O Tombo…)

Hidronimia ou hidrotopónimos: relacionados coa auga (Fonfría, A Lagoa, As Regueiras, Sar…)

Fitonimia ou fitotopónimos: relacionados coa vexetación (O Carballal, O Cerqueiro, O Fragueiro, O Loureiro, O Souto, O Toxal, O Xestal…)

Zoonimia ou zootopónimos: relacionados con animais (O Cabalón, O Chirléu, O Formigoso, A Moscosa, Niñada, A Toupeira…)

Antrotopónimos (etnotopónimos): Derivados de nomes de persoas, xentilicios ( Ardán, Novexil, Omil, Pidre, Marín, Mimáns, O Rial…)

Haxiotopónimos: Relacionados coa relixión (San Xián, O Santo, As Cregas, Santomé…)

Outras categorías:
Situación e aspecto: Descrición do espazo (Asperela, Branco, Cabodavila, A Costa, Redondo…)

Agrícolas e servidume: Patrimonio, oficios e usos agrícolas ou poboacionais (Agrela, Batán, A Calzada, O Campo, A Corredoira, Currás, A Pastoriza, A Pesqueira…)

POLA SÚA ORIXE

B) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo á orixe ou etapa de nacemento, imos falar dos seguintes tipos de topónimos sen entrar a máis profundidades nesta tipoloxía realmente complexa e aberta a debates:
Topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe antes ou despois de Roma:
- PREROMANOS: Adoitan ser menos transparente o seu significado: Gagán, Mogor, Sar... son máis abundantes entre os orónimos ou hidrónimos.
- POSROMANOS: Son de significado máis evidente: Marín, Portocelo, O Peirao...



RECUPERANDO OS MICROTOPÓNIMOS DE MARÍN

Trátase dun exercicio para lograr recuperar o maior número posible de microtopónimos de Marín.

1º Teremos que consultar nas nosas casas para que nos indiquen os nomes dos lugares máis próximos á nosa casa ou aos lugares de residencia dalgún familiar ou ambas cousas.

2º Localizar nun plano dos cadrantes do mapa do noso blog da Toponimia de Marín escritos con números os lugares recollidos e logo engadir a listaxe numerada cos nomes dos microtopónimos.

3º Comezar a investigar sobre a orixe e significado dos topónimos que se logren reunir na aula.
Comentarios (0) - Categoría: TOPONIMIA - Publicado o 20-04-2021 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0