Ahí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
¡Pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.
¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
Imos realizar un miniobradoiro de poesía. faremos probas a ver que tal se nos dá iso de expresar sentimentos en verso, dun xeito musical e sonoro, fermoso ou estético:
1º Realiza un pareado:
Crear un PAREADO
sempre foi moi DOADO!
2º Ou un CALIGRAMA como o da imaxe-canción que inclúa versos e ilustración.
3º Adiviñas. Son versos que preguntan con rima.
4º Ensalada de versos a partir de versos de varios poemas diferentes.
5º ABECIPOEMA ou ALFABETIPOEMAS coas palabras que nos definen a nós ou a algo que nos gusta.
Botémoslle unha ollada a algunha proposta para seguir xogando coa poesía.
Lembrade que xa fixemos teatro creando unha obriña sobre o sentido crítico e Mafalda. Agora toca pensar en despois dos próximos exames realizar unha nova obra, esta vez sobre un texto xa existente.