blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Atoparse coas mouras
Atoparse coas
Mouras


As mouras só poden ver os mozos e as nenas . So un mozo a pode desencantar. As mouras poden sacar todas as suas pertenzas de ouro.Cando
van a feira de tendeiras preguntanche que che gusta mais as tesoiras ou a tendeira .Tes lle que dicir ela e a tendeira.Unha vez unha nena tiña unha amizade cunha moura ,anena incapaz de aguantar a presion da nai contoulle todo asua nai .O outro dia foi levar as ovellas o monte ea moura meteuna na cova e non se supo mais dela. A nai foina buscar e a moura dixolle: maria mariola esta frita con aceite
na miña barrigola. Pero tamen poden ser historias boas : unha señora soltaba o
porco todos os dias e volbialle ce bado. Un dia ,non lle volbeu .A señora cargouse de obxetos relixiosos e foi o castelo en busca del, apareceulle unha moura vella co porco diante a moura
dixolle: vendesmo ? A muller dixolle : canto me das ? A vella colleulle o mantelo e levouno
cando so debovolbeusello e advertiulle que non o abrira ata chegar a casa, a señora
impaciente polo camiño meteu a man no mantelo e viu que era carbon e dixo pa si:asmas pagar vella .Cando chegou asua casa contoulle todo ao home e cando sacudiu o mantelo caeron tres cachos grandes de ouro e o home lle dixo : pois si que cho pagou ben. Desde ese dia a xente leba o gando ali.

Feito por :Adrián.A e Rodrigo
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
biografia de Martin Rivas
Naceu en A Coruña no ano 1985 e comezou no mundo da televisión sendo un neno en:MAREAS VIVAS (serie de tvg)
En 2004 participou no PUZLE,un cortometraxe rodado n Galicia de producción propia de 25 min de duración.O corto foi rodado en galego,o
seu idioma natal
E no ano 2005, Martiño participou en MARIDOS E MULLERES a teleserie de comedia rodada en galego de 60 min de duracion cada episodio. a serie consta de 26 capitulos.
Tamen participou na serie de pouco esito SMS emitida na sexta durante este ultimo ano, ainda que o papel non era moi habitual na serie.
E por ultimo na serie que se estreou o 24 de maio de gran exito '' EL INTERNADO'' que se estreou con mais de 4'5 millons e un 25'8% de share. Ademais Martiño esta facendo o ultimo curso de comunicacion audiovisual na universidade de santiago alternandose co rodaxa do internado
o seu pai e escritor galego manuel rivas desde que comenzou a serie miles de persoas buscaron informacion sobre martin, incluso fixeron varios foros e paxinas web
ALBA GARCIA RIOS
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
a maldita comecarne
A Maldita Comecarne
Era unha vez unha nena que comía moita carne e un día o seu pai farto de que só comera carne
maldiciuna dicíndolle:
-Oxalá foras comer carne cos lobos!.
E así foi, a nena aquela noite non puido durmir, cando estaba na cama, revolveuse e saiu pola porta e chegou ao bosque onde despois de envorcallarse se reuniu cos demais lobos,
con quen pasou unha longa tempada e ela era a xefa dos lobos e prohibíalles que atacasen ás persoas. Ela ía todas as noites a un muiño onde comía fariña, pero unha noite cando se dispoñía a entrar no muíño, o dono que estaba dentro ao mirar a pata de lobo colleu o coitelo e feriulle na pata, escoitaronse uns berros, o home saiu e viu unha fermosa rapaza, dalí a uns anos a rapaza volbeu a Castela, de onde era orixinaria, e unha semana despois uns homes chegaron a súa casa procedentes de Galicia e ela enterouse de que eles eran do mesmo sitio onde ela fora loba e contoulles que ela tivera a fada naquel mesmo sitio e que devorada a moita xente, pero o que máis pena lle dera era un meniño que ría mentres ela o devoraba.

ALEJANDRO BUCETA DOMINGUEZ
CARLOS PEREIRA PEREZ .
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Castelao
CASTELAO
<< ¿Con que dereito se nos obriga a deprendermos a lingua de Castela
e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa? >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< E somentes preservando as nosas enerxías autóctonas, a nosa
capacidade creadora, é como poderemos contribuír á civilización
universal incorporando a ela as nosas creacións inéditas. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< O galego é a forma máis antiga das linguas neolatinas de Hespaña
e a primeira que alcanzou un pleno desenrolo literario. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< a dominación de Galiza endexamais será efectiva entrementras fale
un idioma diferente do castelán. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< A nosa galeguidade provén da forteza do espírito, e aínda que
carecemos de vontade ofensiva somos inexpugnables na resistencia. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< Chegan a decir que o problema galego igual que o vasco e
catalán, depende da solución que acorde a maioría dos hespañoes...
¡Estábamos aviados! >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< Tódolos escritores casteláns do século XVII e XVIII adicáronse a
luxar o nome e o creto dos galegos >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< os galegos tiñan unha cultura anterior e superior á de Castela,
e contaban con institucións foraes que concedían aos labregos un
comezo de propiedade >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< As casa aldeáns, espalladas, forman un grupo natural de poucos
habitantes, chamado "lugar". (...) Os "lugares", espallados, compoñen
un agrupamento que se chama "parroquia". Esta entidade é o antigo
clan dos celtas >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< O caciquismo galego deixará de existir cando se lexisle para Galiza
e os labregos se sintan amparados pola Lei, sen medo á Xusticia >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< o idioma imposto non logrou matar o seu idioma natural; pero
logrou degradalo. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< A partir de Galiza e de Asturias foise gañando aos mouros o que
despois soio sirveu para engrandecer a Castela; pero en canto se
cerrou a Reconquista fomos aldraxados e repudiados. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< Nós queremos ser hespañoes, pero a condición de que este nome
non nos obrigue a sermos casteláns. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< A loita nobre e leal das ideias é o que asegura o progreso. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< Pero dentro de Portugal quedounos a mitade da nosa terra, do noso
espírito, da nosa lingua, da nosa cultura, da nosa vida, do noso ser
nacional. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< A vaca é o símbolo da paz. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de
obras de arte. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< Somos tan galegos hoxe como éramos no século XV, antes de sermos
asoballados polos "Reis Católicos". >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< a nosa "lingua rústica" vive porque aínda temos moito que decir
nela >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma. >>
CASTELAO ······· 1886-1950
<< O miragre da existencia diferenciada de Galiza, a través de
tantos erros e miserias históricas, proba que do chan galego
xurde unha enerxía incoercible, capaz de facernos inmortaes. >>
CASTELAO ······· 1886-1950

As linguas fannos humanos
Algúns homes galegos tamén andan a falares dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zooloxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegaron das inquedanzas que produce a sabedoría. Son os mesmos que consideran o mito da torre de Babel como un castigo e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa sua variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie o que nos fai superiores os animais. Velaí vai a demostración: un can de Turquía oubea igual que un can de Dinamarca, un cabalo das Pampas Arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes porque?. Porque os pobres animais aínda están no idioma universal[...]

pablo G.A

fragmento de `sempre en galiza´
Castelao
Comentarios (5) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
O OSO E O RAPOSO

Era un oso e mais un raposo, que andaban buscando comida, e o raposo díxolle ó oso:
-Ai, Compadre, e que tal se ímos á granxa do tío Pepe e roubamos un porco.
Pareceulle boa idea, e así fixeron. Foron silandeiros ate o curral, alí o oso, matou dun golpe o porco máis grande que atoparon, e marcharon correndo monte arriba.
Cando xa non tiñan folgos, sentaron baixo un carballo, e o zorro, pillastre, díxolle ó oso;
-¡Ai Compadre! non sei ti, pero eu non podo coa miña ialma, ¿que tal se durmimos un rato? Podemos enterra-lo porco, co rabo fóra para saber onde está.
O oso, que foi quen levou o porco durante todo o camiño, aceptou sen dubidalo.. pero ocorreu que mentres o oso durmia, o raposo ergueuse, desenterrou o porco, e papouno enteiriño, deixando somentes o rabo. ¡Si que era lampón o raposo!. E, ben caladiño, deixou o rabo do porco onde estivera co resto do corpo..
Cando o oso espertou e foron busca-lo porco, atoparon o rabo, tal como o deixaran, e o raposo díxolle o oso que tirara el do rabo, pois era mais forte.
Asi fixo o oso. Colleu alento, e tirou do rabo con tal forza que, caeu de cú no chan, e fíxose moio dano, pero cando se ergueu todo encabuxado o darse conta da broma, o raposo comezou a botarlle a culpa ó oso, e así estiveron discutindo ate que dixo o raposo:
-Vamos deitarnos ao sol, e, ao que lle sude a barriga foi quen o coméu.
Deitáronse a dormire, e o oso durmiu, pero o raposo ergueuse e mexou por riba do compadre, e chamouno.
-Ai compadre! ti fuches o que comeches o porco, porque che suda a barriga.
E así foi como o oso tivo que pedir disculpas e marchar para casa sen ter comido nadiña....


Seleccionado por:Noemi Couso Calvar
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
adios rios adios fontes
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
 amoriñas das silveiras
 que eu lle daba ó meu amor,
 camiñiños antre o millo,
 ¡adios, para sempre adios!
 ¡Adios groria! ¡Adios contento!
 ¡Deixo a casa onde nacín,
 deixo a aldea que conozo
 por un mundo que non vin!
 Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
 deixo, en fin, canto ben quero...
 ¡Quen pudera non deixar!...
 .........................................
    Mais son probe e, ¡mal pecado!,
 a miña terra n'é miña,
 que hastra lle dan de prestado

Bouzas Pousada Nuria
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 16-04-2008 12:20
# Ligazón permanente a este artigo


TEXTOS MEDIEVAIS

Ai flores, ai flores do verde pino,
se sabedes novas do meu amigo!
Ai Deus, e u é?

Ai flores, ai flores do verde ramo
se sabedes novas do meu amado!
Ai Deus,e u é?

Se sabedes novas do meu amigo,
aquel que mentiu do que pos comigo!
Ai Deus,e u é?

Se sabedes novas do meu amado,
aquel que mentiu do que mi ha jurado!
Ai Deus ,e u é?

Vós me preguntades polo voss´amigo,
e eu bem vos digo que é san´vivo.
Ai Deus, e u é?

Vós me ´preguntades polo voss´amado,
e eu bem vos digo que é viv´e sano.
Ai Deus, e u é?

E eu bem vos digo que é san´e vivo
e será vosc´ant´oprazo saído.
Ai Deus,e u é?

E eu bem vos digo que é viv´e sano
e seerá vosc´ant´o prazo passado.
Ai Deus, e u é?


DOM DINIS





Subido por:Sara.G e Marta.H












Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
curuxa
Tyto alba (Scop).
Clase: aves
Orden: Strigiformes
Familia: Tytonidae
Xénero: Tyto
Especie: Tyto alba
Dimensións:



34 cms.  350 grs de peso. Envergadura media 95 cm.
Identificación:


É un ave de rapiña, de figura branca, fantasmagórica; cabeza moi grande con ollos negros, o peteiro ganchudo , as ás longas redondeadas. Rabo curto, rostro en forma de corazón. Realmente moi doada de identificar.



Hai duas variedades según sexa o peito, branco liso ou xaspeado
Alimentación:

Aliméntase de todo tipo de pequenos mamíferos: ratóns sobre todo.
Ás veces caza paxaros, morcegos, ras e moi rara vez algunha donicela. Caza de ouvida aínda na oscuridade.
Fundamental: anda moito pola noite (semella o voar prácticamente branca). É noiteira típica.

É curioso que os restos dos alimentos non dixeridos, como as plumas, por exemplo, devólveos en forma de pelotillas que se chaman egagrópilas.
Habitats
Gústanlle as zonas de cultivo, tamén zonas abertas e nucleos habitados.
Mora sempre na misma bisbarra.
Ten carencia polas antiguas escuelas unitarias que hoxe están máis que abandonadas.
Por suposto gusta moito dos campanarios. Di Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén) no libro "Fauna invertebrada do Ribeiro" que cría na maioría dos campanarios da comarca onde é doado ver as súas egragópilas ou bolas que expulsa pola boca...
Niños
 
Construe o niño en oquedades dos edificios, raramente en ocos naturais.
Gústanlle moito as bóvedas das igrexas, as casas vellas, faiados, palleiras, e tódolos buratos que poida onde vexa que non vai ser molestada.
Nestos lugares hai ovos dende finais de marzo, os polos xa voan en octubro.
Pon, repito, no mes de maio de 3 a 7 ovos que fai chocar en 30 días, inda que hai coruxas que poñen dúas ou tres veces o ano.
VESE NOS MESES DE?

Dende febreiro  ata  finais do verán perfectamente.
Realmente a curuxa pode verse todo o ano.
Protección:
Está protexida pero vense moitas nos bares galegos momificados. Mal síntoma.
A caza da curuxa está prohibida. 50.000 pts. (300 ?)  de multa o cazador que se colla cunha curuxa.
Curiosidades:



//// Na carballeira da Pena //// está a curuxa pousada;/// non lle teñas medo, nena //// a curuxa non fai nada./// 
(Texto sacado do sensacional libro "Aprendendo coas aves" de  Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Tamén o dibuxo) .
As curuxas son consideradas como predictoras do tempo, así o dito "Curuxas na carballeira, caldeiros á goteira".

Dicen que tamén son predictoras da morte. Tamén se asocian co demo e os agoiros.
Realmente tense a coruxa como ave de mal agoiro, moito mais cando anda a voar arredor das casas onde hai enfermos, nas nosas aldeas ténselle medo pois hai xente que pensa que o seu voar silandeiro leva a desgracia e a morte sobor de todo cando vota o seu axurido perto dalgunha casa. 
A verdade é que eu non creo no anterior inda que fai anos as coincidencias poden ser reais e a xente asocia, a curuxa é evidente ten que voar, ten que cazar e ten que facerse ouvir, o resto son causalidades e producto da lei de probabilidades. É unha opinión.
A expresión "parece unha curuxa" é típica en Galicia para decir que é unha muller vella.
Dicen que bebe o aceite nas igrexas ( esto é unha tradición). Por suposto non é certo.
 
Hai moitos ditos populares sobre a curuxa:
"Curuxa noiteira, maiadores á eira", este refrán refírese a que si se ve moito pola noite, hai que facer a malla e preparar o pan na eira que son tempos...
"Xa lle vín os ollos a curuxa", este refrán dícese daquela persoa que xa pasou por todo na vida.
"Curuxa tardega, auga noitega", este é un refrán metereolóxico, é unha broma, pero é certa. Si se ve unha curuxa pola tarde, quere decir que pola noite vai chover, normalmente estos ditos teñen moito que ver coa realidade.


///Se canto son unha tola //// se non canto, unha curuxa;//// se me lavo unha profana;/// se non me lavo unha sucia////
Canción popular.









ANTÓN FERNÁNDEZ,elba
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Os Mouros (mitoloxía)

OS MOUROS

A mourindade e a nación dos vellos mouros que antes dominaban Galicia e que foron conquistados por Carlo magro e os seus paladíns.
Atópanse nos castros, penedos conportas máxicas que só eles saben abrilas.
Debaixo dos castros, un mundo escuro e misterioso, lugar onde residen os mouros.Hai cobas , túneles, minas e galerias que esconden tesouros e riquezas.
Os túneles e as fontes solen dar as pontes, rios,onde os mouros e o gando van vever sen ser vistos ou tamén saen en bertixios arqueolóxicos, igrexas e túneles longos.
As vigas tamén chamadas trabes, dise que son as que sosteñen o mundo máxico. Tamén se dí que todos os castros están interconectadoe que os castelos e igrexas son tesouros en si mesmo.
As trabes son tesouros máxicos, hai 2 tipos de trabes:-Mineral nobre:coma o ouro, prata e diamane-A s perxudiciais: como o carbón, lume, xofre e arcatrán.
As trabes solen ir agrupadas en 2 tipos: ouro e arcatrán ou en 3 tipos: ouro , arcatrán e prata.
Se se quita unda das tres enterradas, pode fundir 7 parroquiase a de ouro pódese encontrar coa roda dun carro ou un arado e se a encontras tés que ir a un desencantador
esperto, ou vaciar nun vaso de auga que indica o camiño.

Ángeles e Tania

Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0