|
|
|
kalahari |
|

Imos falar da vida animal da Sabana Sudafricana animais como o orix,springbuk,a cebra e o león.Ese no interior na costa esta o pingüino Sudafricano e o tiburón blanco .Vamos falar en concreto o springbuk o animal mais representativo de sudafrica.E coma un cerbatillo pero de diferente cor .Ten do abdomen ata a cabeza branco unha raia negra xusto enriba da mancha branca
e o resto do corpo de cor amarelo anaranxado .E un mais fermosos da sabana en un dos máis famosos entre os depredadores coma hiena e o guepardo .pero tamen seus modos de defenderse,coma os seus cornos nos casos dos machos e o de ?spring? ven por algo xa que non para de brincar e cos seus brincos e os seus xiros repentinos que fai que a sua velocidade e os brincos que fai fano moy difificil de coller, incluso ao guepardo que a unha distancia de 120 Kmh.Corre a unha vloc.de 70 a 35 Kmh.Ten una popularidade inmensa entre os turistas e é tan popular que é o simbolo do equipo nacional de rugby de sudafrica. Mobese en manadas de centos deles e un dos animais máis capturados para comida e para trofeos .No próximo reportaxe imos falar do orix.
Daniel López Pérez
|
|
|
|
|
|
LOBISHOME
Erase unha vez ,nunha montaña de Cervantes habia un home que se emberrechaba por todo e tiña un fillo que lle gustaba ir as festas. E un día discutiron por que el queria ir a festa de Pedrafita e o pai lle dixo asi como bais detras das mozas vai detras das lobas. E un día o mozo escapou ,e no pobo se falaba moito da desaparición do mozo e o gran lobo, o pai foi a xunta unha veciña e lle preguntou como podia facer para volver a ser humano, e ela lle diso -hai que ferilo.Enton o pai apuñalou o gran lobo e bolveu aser humano.
ALBERTO ARMESTO OTERO
ÁNGEL MARIÑO SOAGE
|
|
|
|
|
|
ORIXES DA FESTA DOS MAIOS
A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto a "deidades" do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.
Os gregos, unha das máis avanzadas culturas mediterráneas, foron máis inxeniosos creando un mito para explica-lo cambeo estacional: " Perséfone, filla da deusa da fertilidade da terra ( Deméter para os gregos, Ceres para os romanos) que foi raptada polo señor do escuro e friorento mundo subterráneo, cando ,como tódolos anos ,volta á terra despois do inverno que pasa co seu esposo Hades , a súa nai recibea cunha explosión de ledos verdes e frores multicores " . Esta eclosión primaveral celebrabana as mulleres da Atenas clásica coas festas mistéricas ,de carácter secreto e prohibidas ós homes , adicadas a deusa dos cereais.
Os cidadáns romanos, pola súa parte , xa antes de ter escravos que lles traballaran as terras, festexaban á Maia, nai do nome do mes ( que desde os romanos está no calendario dos pobos conquistados por eles ) durante a que se purificaban os campos coa realización de sacrificios de animais. Os cristiáns adaptarán , en grande medida , estas festividades no seu santoral transformando o nome , pero non os contidos.
Mais chegará a Idade medieval na que as novas técnicas agrícolas fan medrar tanto a producción coma a poboación. Nestas sociedades xerarquizadas nos que guerrean (reis e nobres) , os que oran ( monxes e bispos) e os que laboran para eles, os labregos, sufrían ,ademáis de guerras e pestes , as malas colleitas; e ,do mesmo xeito , bricáballes o corazón no peito co bo tempo, doado para as mellores colleitas. Por iso, pódese asegurar que na etapa medieval a celebración de rituais propiciatorios do espertar da natureza , expresión cultural dunha sociedade agraria na que xogan un papel fundamental os cambios estacionais para o seu traballo, para a súa existencia, experimentou ,sen dúbida, un notable desenrolo. Dos festexos transmitidos polos vellos labregos ós seus fillos e netos estarían , sen dúbida , os do mes de Maio ( tras da sementeira) e os do tempo da colleita, preferentemente a do pan.
Como exemplo do vencellamento do mes de Maio coas colleitas serva a cita do Libro de Alexandre: " Sedie el mes de Maio coronado de flores afeitando los campos de diversas colores, organeando las Maias e cantando d' amores espigando las mieses que siembran labradores "... Precisamente as colleitas, é dicir, a fecundidade dos campos ,víronse interrelacionadas inevitablemente coa fertilidade do gando, e , cómo non ,perto dos fruitos propios dos amores entre homes e mulleres. Este tópico da literatura popular e culta sitúa con nítida claridade ó mes das frores como " locus amoenus" ( lugar e momento ideal ) para o froreceren dos amores humanos.
Para os estudiosos do tema , como Xosé Filgueira Valverde, o sustrato preromano ,de certa tradición celta, pervivíu nas prácticas heterodoxas de Prisciliano e os seus seguidores (século IV d.n.e. ), herexía que atopou un gran número de seguidores no que é hoxe Galicia,norte de Portugal e terras próximas. Sabemos , por outra banda , que o culto ás árbores estaba , entre os Suevos ( poboadores da Provincia Gallaecia romana), estreitamente emparellado co deus Thor ou Donnar, a quen cosagraban árbores grosos e vellos. A catequización do reino Suevo de Galicia, tentando de paso eliminar as prácticas naturísticas dos priscilianistas, encargarase a San Martiño de Dumio no século VI d.n.e., gracias ó que dispoñemos das primeiras referencias escritas da celebración destes ceremoniais nestas terras pola súa obra De correctione rusticorum .
Mais é tamén no século VI cando o Papa Gregorio Magno , segundo nos comenta Clodio González Pérez no seu libro sobre os maios en Galicia, recomendaba: " Non suprimades os festíns que celebran aquelas xentes nos sacrificios que ofrecen ós seus deuses; transladalos ó día das festas dos santos mártires, coa fin de que , conservando algunhas groserias , alegrías da idolatría, se predispoñan máis doadamente a gostar das ledicias espirituais da fe cristiá ." Aínda que non remataron as prohibicións dos maios e das xuntanzas campestres, foise impoñendo esta tendencia de sacralizar as festas estacionais.
OS MAIOS EN GALICIA
Abordemos a clasificación plantexada polos estudiosos galegos onde atoparemos unha gran de diversidade de rituais primaverais coexistentes en Galicia :
a) Manifestacións agrarias ou propiciatorias: cando se quere unha abundante colleita. Propias de persoas maiores polo xeral . Destacamos entre estas o " alumea-lo pan ou danzas do pan " consistentes no percorrido dos campos sementados con fachucos de palla prendidos ( o lume coma elemento purificador ) e recitando invocacións, tamén acendendo fogueiras nesta última noite de Abril , noite por outra banda vencellada as meigas en Centroeuropa. O "poñe-lo ramo " nas leiras, cortes, animais e incluso os apeiros coa fin de afasta-lo mal xunto coa "bendición dos campos" con auga (outro elemento purificador) bendita ou de fontes de recoñecida valía son cerimonias propiciatorias de boa colleita.
b) Manifestacións propias de nenos ou mozos. De entre estas citaremos en primer lugar a entrega de " ramos de flores " cantando algunha copla no día ún do mes de Maio á noiva, ás mozas ou ós viandantes . Os "arcos de flores " estaban feitos nos camiños con polas,bimbias adobiados con cintas e flores tanto no día 1, no Corpus Christi,ou na da Sta. Cruz , neste día constrúense "cruces de flores " que tamén se chaman maios .
A " árbore de maio " é moi rara en Galicia, parece ser que a tradición mandaba roubala antes de chantala nunha praza para queimala ou pendurar un boneco dela.
Un tratamento específico merecen "os maios-mozos " dos que temos un magnífico exemplo en Vilafranca do Bierzo, un mozo véstese con plantas e atavíase con flores.
As coplas consérvanse sempre iguais na actualidade na Galicia administrativa que nós teñamos coñecimento xa non sae ningún cando fai cen anos eran moitas as vilas que os mantiñan vivos. Doutro xeito, sendo maios humanos como os precedentes, definimos " as maias " como grupiños de nenas vestidas de branco e con coroas de flores ou arcos que se adican a pedir para un santo ,ou a Sta.Cruz ,polas rúas ou instalando altares nun lugar céntrico.
Dentro do que se denominan " maios figurativos " o máis común é unha figura cónica ou piramidal con estructura de paus e recuberta de follas , flores e outros adobíos ( ovos, laranxas,etc...) transportable gracias ás andas que lle son acopladas polos mozos , que a acompañan cantando coplas que varían de ano en ano . Estas coplas as máis das veces conteñen críticas sociais contra alcaldes,gobernadores,caciques; outras ridiculizan a personaxes famosos,modas,feitos chocantes. Pero todas elas na súa meirande parte parecen seguir un esquema tradicional onde sempre afloran alusións ó mes de Maio. O canto é acompañado con golpes de palitroques que levan nas mans. Por último, están os " barcos de maio " que se tratan dunha reprodución dun barco ó que se lle colocan unhas rodiñas para movelo polas rúas.Como é de supoñer son tradicionais nas vilas como Marín ou Vilagarcía de Arousa ,vilas mariñeiras . Tendo enconta que moitas delas xa teñen desaparecido namentres que outras ainda seguen vivas situamos no seguinte resumo os lugares
-ANTÓN FERNÁNDEZ,elba
|
|
|
|
O lago de Reirís |
|
A carlo Magno,emperador,era rei dos cristiáns e da francia,aparecéuselle por tres veces o
Apóstolo Santiago para pedirlle que liberase o seu Sartego do dominio dos infieis.Carlo
Magno obedeceu e conquistou en territorio galego infinidade de cidades habitadas polos mou-
ros,que ademais quedaron para sempre asolagadas.Reirís é unha cidade asolagada na lagóa de
Carregal,en Corrubedo.estaba habitada polos mouros,pero Carlo Magno,os Doce Pares de Francia
Oliveiros e Roldán vencéronnos e condenáronnos ó asolagamento.nun penedo próximo quedou co-
mo proba unha pegada do cabalo de Roldán.este pediu,despois de porse o sol,unha hora máis de
luz para acabar de día con aquela cidade.Desde entón hai unha hora de luz despois do solpor.
Noutra versión dise que un rei mouro estranxeiro pretendía á filla do rei Reirís,que era
boa e servicial.Tampouco era mouro o seu pai,segundo algúns,a princesa sobreviviu como serea
e pode oírse a súa voz,outros din que boy é o mouro,o que brua algúnhas noites.Dise que o
boi bruón sobreviviu o asolagamento de Reirís.É un mouro encantado,de tamaño colosal mergu-
llado baixo as augas da Lagoa de Carregal.Algúns días pódense oír os seus poderosos muxidos
e bramidos,e ata ver as burbullas que fai o respirar.
FIN
Creado por: Paula Calviño Monteagudo |
|
|
|
Agustín Fernández Paz |
|
Perito Industrial Mecánico, Mestre de Ensino Primario e Licenciado en Ciencias da Educación, traballou como profesor de EXB en diferentes centros e actualmente exerce de profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Os Rosais 2, de Vigo.
Entre 1988 e 1990 foi membro do Gabinete de Estudios para a Reforma Educativa, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, formando parte do equipo de Lingua que preparou os Deseños Curriculares para as etapas de Primaria e Secundaria. De 1990 a 1995, traballou como Coordinador Docente de Galego. É membro da Ponencia de Lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Codirixe, tamén, a Colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil Preocupado pola renovación pedagóxica, foi membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega e participou na elaboración de numerosos materiais didácticos como as series Nobelos de Papel (para o ensino globalizado en galego no Ciclo Inicial), ¡Ámote, mundo! (para a Área de Experiencias), Canles, Labia e O noso galego / Lingua Galega para diferentes niveis escolares. Así mesmo é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introducción dos medios de comunicación nas aulas, publicados en xornais e revistas (As Roladas, Cuadernos de Pedagogía, Revista Galega de Educación, CLIJ, Signos, Textos, e Revista Galega do Ensino, na que se encargou durante varios anos da sección sobre a literatura infantil-xuvenil O pracer de ler). Polo conxunto dos seus escritos sobre cómics concedéuselle, en 1992, o "Premio Ourense de Banda Deseñada".A súa obra, merecente de abundantes premios e recoñecementos (Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove, Lista de Honra do YBBI, etc.), e amplamente traducida a diversas linguas, constitúe un referente incuestionable da literatura infantil-xuvenil galega.
Agustín Fernández Paz: Cartas de inverno
Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre remitido polo seu irmán Xabier desde un, para ela, descoñecido lugar: Doroña (Vilamaior). No interior inclúense unha carta e outro sobre máis pequeno coa lapela de cerre reforzada por unha fita adhesiva. Na carta, Xabier indícalle á súa irmá que non abra o sobre fechado e que, se antes dunha semana non volve recibir outra misiva súa, llo entregue ó Inspector Soutullo da Comisaría de Vigo.
Pero Tareixa non pode resistir a tentación e abre o sobre. No seu interior aparecen unhas cartas que lle foran remitidas a Xabier polo seu amigo o pintor Adrián Louzao, e que el tardará tempo en recibir por mor dunha longa estadía en Quebec.
No epistolario Adrián fala dos estraños sucesos que está a vivir relacionados coa súa nova casa, e pídelle axuda ó seu amigo.
Agustín Fernández Paz: O único que queda é o amor
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián? todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, ?na vida o único que queda é o amor?. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable. Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007
Así foi como puideron conseguir os seus tres desexos: que a cidade se enchese de árbores, que volvesen os paxaros á cidade e que as palabras da xente nunca máis fosen grises nin negras. Claro que para iso eles tamén tiveron que traballar. Pero a cidade xa foi entón máis humana.
Agustín Fernández Paz: As tundas do corredor
Conta Mariña que cando naceu a súa irmá pequena mudáronse para un piso máis amplo, antigo e cun corredor enorme case sempre escuro e con ruídos. Segundo os pais, prodúcenos os ratos ou a madeira, pero ela sabe que son as tundas, que saen de noite a brincar. Son negras e viven nas paredes, como fantasmas. Ninguén llo cre. ¡E ela cando vai de noite ao baño ten que ir correndo por se acaso!
Para demostrar a súa existencia, intenta facerlles unha foto, enchendo o corredor de caixas de cartón, ou poñendo o espertador para retratalas na noite. O único que consegue son castigos dos pais. Tampouco deixaron as súas pegadas na fariña coa que estrou o piso. Menos mal que se lle ocorreu a solución á súa mai: encher o corredor de bombillas, xa que as tundas non soportan a luz. Nunca máis apareceron. Confirmouno un día que foi ao baño coas luces apagadas. ¡A lástima é non terlles feito a foto no seu momento!
Feito por:Aida Amoedo Portabales
|
|
|
|
a bandeira galega |
|
A bandeira galega, con orixe no século XIX, inspirada na bandeira da Comandancia Naval da Coruña, ten fondo branco e presenta unha franza azul dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito. A franxa azul posúe un ancho igual á terceira parte do alto da bandeira.
Outras Bandeiras e Símbolos Históricos
O nacionalismo de esquerdas adopta a estreleira (bandeira galega coa estrela vermella) como símbolo de liberación nacional e social. Este símbolo é o máis usado en manifestacións nacionalistas ou partidos de futbol. É a bandeira da principal Central Sindical (CIG: Confederación Intersindical Galega) e dos partidos de esquerda nacionalista.
O deseño do escudo de Castelao para unha república galega independiente co texto "Denantes Mortos que Escravos" rodeando a unha serea cunha fouce e unha estrela.
Durante a Marea Negra do Prestige tamén se usou a bandeira galega, con fondo negro e co texto de Nunca Máis.
O Santo Graal é o símbolo histórico que máis longo ven representando a Galiza como institución política. O Santo Graal aparece documentado por primeira vez como armas dos reis de Galyce no Armorial Segar de Inglaterra do ano c.1282. A representación gráfica das armas do Reino de Galiza foi evolucionando continuamente através dos séculos; do orixinario Graal pechado nun relicario (armoriais Bergshammar, Suecia, 1436, e Gymnich, Flandres, 1445) pasouse á sua representación en forma aberta; o orixinal campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal Graal en campo liso sen nengún engadido pasou a conter decoración diversa como anxos e un número variable de cruces, entre unha, seis, sete, ou en campo sementado. A estandarización gráfica moderna das Armas ou Escudo de Galiza foi establecida no ano 1972 pola Real Academia Galega.
Sara García Villanueva |
|
|
|
A fame en Níxer |
|
Níxer é o país máis pobre do mundo. Mellor, o máis miserento, pois non estamos a falar da súa extensión, nin das súas reservas de uranio, que por certo son moitísimas, nin do petróleo que están a descubrir no norte do país. Ese desértico estado do Sáhel africano, terra maldita, ocupa este ano o derradeiro lugar (177) na clasificación que elabora o PNUD segundo o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH), que se fai medindo parámetros como a esperanza de vida, a mortalidade infantil, as taxas de escolarización e alfabetización e o PIB por habitante.
Níxer sempre andou polo fondo desa dolorosa listaxe, como os outros 29 países africanos que se fan sitio entre os 32 máis desgrazados do orbe, pero as consecuencias da grave crise alimentaria acontecida o ano pasado, aquela que só nos deixaron ver cando o tsunami asiático perdeu interese mediático, relegaron ao país a ese lugar de onde xa non se pode caer, salvo á extinción da vida.
Un ano antes da fame grande de 2005 moitas ONG xa advertiran á ONU do desastre que viría logo de sufriren unha terríbel seca e unha praga de lagostas que esnaquizou o reducido agro nixerino (15% da terra cultivábel). Só cando as imaxes de centos de nenos inertes de face desorbitada e corpos chuchados ata o inimaxinábel saíron nas televisións do mundo a comunidade internacional reaccionou para achegar, en febles pingueiras, os 13 millóns de euros necesarios para alimentar urxentemente a 3,2 millóns de nixerinos en risco. Foron moi lentos. A un mes do desesperado chamamento das axencias só chegaran ao país 3,8 millóns. E se á malnutrición severa ?un de cada catro menores de 5 anos morre, o que equivale a 160.000 ao mes? lle engadimos a indiferenza mundial, pois xa sabemos o que pasa.
Miles de nenos morreron, mesmo nos centros de nutrición, aínda que, tal e como relata o informe 2006 de Anmistía Internacional, nunca se deron datos da desfeita, pois Mamadou Karijo, presidente en democracia, sempre se ocupou máis de ocultar as vergoñas do país e de defender a súa xestión do déficit público perante os depredadores do FMI que de alimentar aos seus gobernados.
É certo que as causas destes crónicos andazos de fame dos países do Sáhel, dende Níxer a Malí, Mauritania, Chad ou Burkina Faso, teñen moito de estruturais. Níxer é un país ermo, ateigado de nómades, con pouca educación, mesmo no eido alimentario e sanitario, onde non hai electricidade, nin auga, nin seguridade social e no que só se atopa un médico por cada 33.000 habitantes. Porén, non son poucos os que afirman que o problema non é a falta de comida, senón que a meirande parte da poboación é tan pobre que non ten con que mercala e, xa que logo, en momentos de crise a súa capacidade de resposta e nula.
Este ano a colleita en Níxer foi mellor, mais as familias venderon o gran para pagar as débedas do ano pasado. Acción contra el Hambre e Unicef levan meses avisando doutra desfeita alimentaria para este ano, na que 3,8 millóns de persoas ?700.000 nenos e nenas? se enfrontan de novo á fame grande porque non existe un apoio internacional sostido. A UE achegou o mes pasado 10 millóns de euros, pero ata entón as axencias só recibiran o 51% dos 200 millóns imprescindíbeis para salvar a crise, para que a poboación sobreviva á chamada ?estación da fame?, entre agosto e setembro.
Leo que o Real Madrid de fútbol pensa pagar entre 30 e 38 millóns de euros por un tal Mahamadu Diarra. A acabación é que o coitadiño é de Malí. Seranche as cousas do mercado, pero a min danme todos noxo?
Subido por: Sara.G e Marta |
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
A NATACIÓN |
|
DEPORTES
O deporte é un medio de entretenemento que se ven practicando desde hai moito tiempo como por exemplo a
natación . A natación é un dos deportes dos máis faciles de practicar practicase por todo o mundo e por moita xente.
A natación apréndese desde moi pequeno. Aínda que non é
o único tamén están : o futból, o tenis, o baloncesto, a loita libre etc...
DAVID BUCETA DOMINGUEZ
DIEGO FILGUEIRA GARRIDO |
|
|
|
moucho |
|
Nome científico:
Athene noctua.
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Estrigiformes
Familia: Strigidae
Xénero: Athene
Especie: Athene noctua
Dimensións:
22 cms. 200 grs. de peso
Identificación:
A súa plumaxe é de cor pardo. As partes superiores son pardas escuras moi apencadas en branco.
Os ollos son amarelos.
A cabeza é aplanada e a cola corta. Ten manchas blancas por todo o corpo.
É doado identificalo.
A señal de alarma é "uuuj" ascendente e suave e que repite unhas 20 veces por minuto.
A súa voz é un "miu - miu " ou "mou - mou".
O seu voo e ondulado e baixo, pousa en postes ou penedos.
É moi importante observar que cando se asusta estira e encolle o pescozo nerviosamente.
Alimentación:
Arañas, gusanos, ratóns e en xeral pequenos mamíferos. Tamén pequenos paxaros. Come tamén anfibios.
Caza máis ben pola noite, inda que as veces tamén se ve pola día.
Habitats:
É común en toda Galicia está moi ben representado no Xurés en Ourense e tamén na zona do invernadeiro e limítrofes.
De tódolos xeitos non é abondoso. O moucho gústanlle máis os terrenos máis abertos, e árbores separados e non moi densos.
Os insecticidas, a caza ( nun campeonato provincial de caza presentouse un moucho, increible) , roubos de niños, etc, afectanlle moitísimo.
Tamén as liñas eléctricas teñan feito mella en todo tipo de bufos.
Os incendios tamén rematan cós bufos galegos.
Niños:
Cría entre abril e xuño.. Pon de 3 a 4 ovos. As 21-29 días os paxaros xa voan.
A Galicia chega en Abril que realmente é cando empeza a cría.
O niño faino en buracos dos árbores. Gústanlle moito as cerdeiras.
Vese nos meses
Dificil de ver xa que é nocturno, pero bueno, de marzo ata final do verán as veces hai sorte.
Protección:
Está protexido.
Nidificante-sedentaria, de interés especial e estrictamente protexida.
Curiosidades
O moucho, por común, é personaxe de moitos contos, ditos e cantares populares. Por exemplo:
o moucho dí Xurxo de Vivero " ten unha pinta moi simpática, sobre todo, a súa mirada enfurruñada, impresión que da pola especial configuración da faceira e a cabeza. Cando colle medo por nos ver, bambolea cómicamente o seu corpo de atrás a adiante, ata que emprende a fuxida cun voo ondulado, semellante o dos petos, voo ven distinto o recto e potente das súas cazatas nocturnas".
"Cando o moucho mouchea, ou neva ou xea"
Esta ave estaba mal vista polo vulgo que a consideraba ave de mal agoiro, xa que din que venta a morte.
Por suposto que nona é.
Os ingleses levaron o moucho no siglo XIX xa que o consideran beneficioso. Todo un exemplo a seguir.
CURIOSIDADES
Desgraciadamente en Galicia xa non queda o Bufo real ( Bubo bubo) de ata 1,70 cm. de envergadura.
Bufo pequeno (Asio utus) sobre 90 cm. tamén moi escaso. Quizais no Courel. O feito é que a súa población é totalmente descoñecido nestes momentos (decembro do 2005).en un cante moi característico.
Por último temos a Avelaiona (cárabo común) , Strix aluco é moi abondoso en Galicia fálase de 1.400 parellas o que é un número importante.
A avelaiona bota entre 37-40 cms. Hai dúas formas unha cincenta e outra parda.
Vese nos bosques, principalmente caducifolios e tamén en parques urbáns con árbores vellas.
.
Nesta imaxen vese perfectamente a X que rodea os ollos.
ANTÓN FERNÁNDEZ,elba |
|
|
|
|
|
|
|