blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PARA UN DÍA DO TEATRO

EN QUE CONSISTE O TEATRO?


Afonso Daniel Rodríguez CASTELAO:Vida e obra.
Naveu en Rianxo un 30 de xaneiro de 1886. Con once anos reúnese co seu pai e nai en 1895 como emigrado en Arxentina. Volve a estudar a Galiza Mediciña en Compostaela. Pero será unha profesión que non exerza: "Fixen mediciña por amor ao meu pai, pero deixei a medidiña por amor á humanidade". Gustáballe a arte e pintar e especializouse na caricatura.

Debuxante: Comeza a colaborar en 1911 revistas e prensa cos seus debuxos algo qu enon deixará de facer. Son moi coñecidas as súas caricaturas publicadas baixo o título: "Cousas da vida". Traballará logo en Pontevedra a ata 1936 para o Instituto de Estatística onde comezarán os seus contactos co Galeguismo que dará paso a súa vida política. Outros traballos gráficos serán Galicia Mártir, "Atila en Galiza" ou "As cruces de pedra na Galiza"

Político: Membro fundador do Partido Galeguista promoverá a craeción do 1º Estatuto de Autonomía de Galicia que s eaprobará en referendo en 1936. Razón pola cal Castelao estará en Madrid cando se produce o Golpe de estado de Franco e a Guerra civil. Esta é a causa que provocará o seu exilio en América e a súa participación co goberno republicano exiliado. Durante a

Escritor: a)Ensaísta. Coñecemos xa algúns textos do seu libro Sempre en Galiza
b) Como narrador ten novelas como: Os dous de sempre, pero destaca tamén bna creación de relatos curtos como: Cousas, Retrincos.
c) Como dramaturgo ou autor teatral só escribe unha das referencias paara o teatro moderno en galego: Os vellos non deben namorarse que estrea en 1941 en Arxentina ao non poder volver a Galiza a causa do triunfo do Franquismo.

Castelao morrerá sen poder volver a súa terra en 7 de xaneiro do ano 1950.

OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 25-03-2021 07:17
# Ligazón permanente a este artigo
O Lobishome Romasanta



O lobo da xente máis coñecido
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 24-03-2021 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
CONTIDOS PARA 2ª AVALIACIÓN
UNIDADE 5
Os nomes das cousas: A casa (páx. 106)
A parasíntese (páx. 107)

A casa rural e un barrio na cidade.

Lingua e sociedade: As variedades da lingua.(páx.108)

Ortografía: Os signos de puntuación I (páx. 109)

Gramática: Tipos de pronomes. Demostrativos e posesivos.(páx. 110,111)

Literatura: A lírica I (páx. 114-115)

ROSALÍA DE CASTRO: Vida e obra.
Compromisos.
Rosalía e o mar.

Tradición oral: Os Lobishomes.(Na libreta)

UNIDADE 7:
Gramática: Pronomes persoais tónicos (páx.150-151)

UNIDADE 8:
Gramática: Pronomes persoais átonos. (páx.170-171) No blog

A colocación dos pronomes átonos e o seu uso.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2021 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0