Como non podemos ir ao teatro hoxe, pero si que podemos achegarnos a este xénero a través dunha pequena visualización (porque non hai verdadeiramente teatro sen usar a vista), vexamos pois unha das primeiras escenas da obra CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño. Logo realiza o cuestionario que che propomos máis abaixo.
1- Resume este pequeno anaco da obra que acabas de ver tentando destacar as ideas centrais e deixar á marxe o menos interesante para a trama.
2- O título da obra a que personaxe cres que fai referencia? Pero, reparaches que está en plural? Logo a quen se referirá Roberto Vidal Bolaño? Razoa a resposta.
3-Esta obra planteanos un conflito moral ou ético, é dicir, referido aos valores aos que respondemos homes e mulleres na sociedade. Cal cres que é ese conflito? Igualmente argumenta ben a resposta, citando partes do diálogo dos actores.
Poesía é expresión de sentimentos en verso, con musicalidade e ritmo, procurando tal vez a beleza ao falar de emocións.
Sentir é isto:
Tamén pode ser isto:
Ou isto outro:
ACTIVIDADE POSTERIOR A ESCOITAR OS POEMAS:
Trata de descubrir que sentimentos e emocións chegaron a enchoupar a túa roupa de diario. Cales desas emocións expresadas dos tres chegaron a ti? Cóntamo!
Para a lectura de Memorias dun neno labrego de X. Neira Vilas imos ir lendo cada capítulo e consultando as palabras ou expresións que non coñezamos e cando rematemos o capítulo realizaremos un breve resumo procurando manter a estrutura do propio relato (un parágrafo ou dous parágrafos) co argumento do mesmo, identificando o tipo de narrador, os personaxes, os espazos e os tempos que aparezan nese capítulo.
1-Vocabulario do capítulo
2-Resumo co argumento do capítulo
3- Narrador e personaxes.
4- Espazos e tempos.
A continuación poremos un exemplo do que hai que facer co primeiro dos capítulos:
1- Vocabulario: "ser un ninguén":ser unha persoa a que non se considera, marxinada ou despreciada.
non hai quen lle tusa: persoa á que se lle ten respecto.
Alancar: dar pasos grandes
Brocha: chatola
restrebar ou xuntar monllos: volver a labrar unha leira/ monllo é un atado de herba ou semellantes.
moxardos: moscas
muíños apeados: parados (por encherse de auga)
espeteiras: táboa con espetos ou garfos para colgar
Murnas: mancha na pel por efecto de achegarse ao lume.
fridas: (feridas)
Gurrucho: grolo
Broa: pan de millo
os trafegos da terra os labores da terra
Cortizo: colmea
Adoezo: estar falto ou desexoso de algo.
Tripando: pisar
baldeirar o corazón: baleirar os sentimentos e preocupacións.
2- Resumo: O primeiro dos capítulos é a presentación do personaxe principal, Balbino, que se define como alguén sen importancia e pobre en oposición a outro personaxe, Manolito, ao que se repecta. É un neno de aldea fronte aos da vila. Está desexoso de ver mundo porque a aldea lle queda pequena e vese triste como os seus semellantes, tamén deescribir un libro. Finalmente dinos que escribe as súas reflexións sobre o mundo que adoece por entender e que a ninguén conta pois pensa que igual está algo tolo. Escribe para envorcar os seus sentimentos cada noite e liberarse desa pobreza que o abafa.
3-Narrador protagonista, é o personaxe principal, aínda que retrata tamén aos que son coma el de aldea. Outros personaxes con certos trazos de antagonistas: son Manolito (ao que se lle respecta) e os nenos da vila (distintos dos da aldea). Cítase a un tal Landeiro do que se di que lle deu un libro escrito por Smith.
4-O espazo ao que fai referencia é unha aldea galega, aínda que fala en concreto dende unha casa, a de Landeiro, na que vive e escribe. Os tempos son imprecisos ao realizar unha reflexión sobre a súa curta vida no verán e no inverno, unha revisión do seu pasado dá a impresión dun tempo interno dunha secuencia reducida de varios anos da súa infancia na aldea na casa onde naceu e criou. O tempo externo: Os anos 40.