blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Imos crear un video poema

Xan. Rosalía de Castro. Lucía Pasarín. Jennifer Núñez Rodríguez. Curso 2015-16 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.



Mellorar o presente claro!!

Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por auga,
e vaa á misa cos nenos,
e fai o leito io caldo.
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos qu'a cada muller
lle conviña un polo menos,
pero cand'un busca un Xan,
casi sempre atopa un Pedro.

Pepa, a afertunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentres seu home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátall'as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalle millo ás galiñas,
marmura co irmán do crego,
mira s'hai ovos no niño,
bota un ollo ós mazanceiros
e lambe a nata do leite,
e si pode bota un neto
ca comadre, qu'agachado
traillo embaixo do mantelo.
E cando Xan pola noite
chega cansado e famento,
ela x'o espera entr'as mantas,
e ó velo entrar dille quedo:

-Por Dios non barulles moito,
que m'estou mesmo morrendo.
-¿Pois que tes, ña mulleriña?
-¿Que hei de ter? Deita eses nenos,
qu'esta madre roe en min
cal roe un can nun codelo,
i ó cabo ha de dar comigo
nos terrós do simiterio...
-Pois, ña Pepa, toma un trago
de resolio qu'aquí teño,
e durme, ña mulleriña,
mentres os meniños deito.

De bágoas s'enchen os ollos
de Xan ó ver tales feitos;
mas non temás, qu'antre mil
n'hai máis qu'un anxo antr'os demos;
n'hai máis qu'un atormentado
antre mil que dan tormentos.
Comentarios (1) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 14-03-2018 07:17
# Ligazón permanente a este artigo
Para a 2ª avaliación
Léxico: As Paisaxes rural, costeira e urbana (páx.146)
- Os préstamos lingüísticos (páx. 147) e os campos semánticos (páx. 167)

Expresión:Unha visita didáctica ao Museo do Mar, que vimos? A sala de arqueoloxía e o mar, a do primeiro submariño, a viaxe de Darwin e o Pergamiño Vindel.

Ortografía: Os signos de puntuación (páx.149)

Gramática: Os pronomes determinativos (páx.110,111/ 130-131) os pronomes persoais tónicos e átonos (páx.150-151/170-171). Pódense consultar tamén estes últimos no blog: Chegaron os pronomes persoais


Lingua e sociedade: As variedades da lingua (páx.108)

O pergamiño Vindel un tesouro en 7 cantigas. Por que é un tesouro?


Literatura: A lírica (páx. 114-115/ 134-135)

Rosalía de Castro, voz de muller

Plan Lector: A cova da Moura de Natalia Carou.

- Analizando as intencións da autora.
- As mulleres de onte e de hoxe e o Castelo de Soutomaior.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2018 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0